sábado, 30 de marzo de 2019

CONCURSO MICRO-RELATOS

Colaborando coa Asociación Cultural , e en vísperas do Día Das Letras Galegas o noso cole invita a participar ás familias e coñecidos do noso alumnado. Animádevos!!!


 

Pero  non só hai actividades para os adultos, tamén para os máis cativos. Durante estes días tendo en conta a obra de Antón Fraguas de  investigación e divulgación de costumes e tradicións de Galiza, os nosos pequenos indagarán e participarán no  concurso, tamén organizado por esta asociación,sobre  romerías e  o entroido dos nosos avós, a través de debuxos, contos , lendas, fotografías.... 
Poderemos vivenciar unha romería no noso cole? Proximamente máis...

CONSELLO ESCOLAR INFANTIL

En poucos días faremos o próximo consello escolar onde cada representante de cada aula levará ideas, opinións e posibles proxectos para a mellora do noso cole.


FACENDO ALFOMBRAS!

Hoxe o alumnado de primaria converteuse en experto alfombrista, como manda a tradición da nosa Vila. 
Ademáis de cunchas utilizamos cáscara de arroz e outras sementes para confeccionar estas alfombras con motivos musicais. Os máis peques do cole disfrutamos do resultado final e pareceunos fantástico. Saimos maravillados de ver como se facían e o material utilizado.
Grazas á Asociación de alfombras florais de Bueu pola súa dedicación!


La imagen puede contener: 6 personas, personas sonriendo, personas sentadas La imagen puede contener: 8 personas, personas sonriendo, personas de pie La imagen puede contener: 4 personas, personas sonriendo, personas de pie La imagen puede contener: 6 personas, personas sonriendo La imagen puede contener: una o varias personas y personas sentadas 

DIA DAS ARTES GALEGAS

O día 1 de abril celébrase o Día das Artes Galegas, un acontecemento instituído pola Real Academia Galega de Belas Artes. No ano 2019, o homenaxeado é o pintor Luís Seoane.


 Resultado de imaxes para LUIS SEOANE
Os cativos de infantil investigaron as obras de Luis Seoane e atoparon cadros relacionados co proxecto "O despertar das sementes", como por exemplo, "O bodegón de cabazas". Bo traballo !

    

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

    No ano 1963 cumplíase o centenario da publicación de "Cantares Galegos" de Rosalía de Castro e a Real Academia Galega decidiu marcar un día no calendario que servise para festexar e promover a nosa lingua galega. Cada 17 de maio  celebramos que temos unha lingua e cultura propia.

Este ano dedícase a Antonio Fraguas, antropólogo, xeografo e historiador nado en Cotobade. Sendo estudiante de bacherelato, xa fundou a Sociedade da Lingua para a defensa do noso idioma e a elaboración dun diccionario.

 Nestes días iremos aportando actividades, información ... que vaiamos atopando. 

Resultado de imaxes para antonfraguas

luns, 25 de marzo de 2019

SALÓN DO LIBRO

Hoxe luns os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria, visitaron o Salón do libro de Pontevedra. Viñeron maravillados coa variedade de traballos alí expostos e a obra de teatro Mai Mai de Baobab Teatro, onde un xornalista e un fotógrafo fan unha viaxe fantástica en busca do último Panda.  E como non , coa mascota Orbil sempre tan simpática e acolledora.  Foi unha mañá fantástica!!

La imagen puede contener: 10 personas, personas de pie La imagen puede contener: 2 personasLa imagen puede contener: 2 personas, interior

LEMOS POESÍA EN VOZ ALTA

Co gallo do día da poesía, desde dinamización e biblio  fíxose unha proposta para facer lecturas en voz alta esta semana durante os recreos. Voluntarios e voluntarias escollen ou inventan os seus propios poemas como o de Hugo. Moitas grazas a todos e todas por participar!! Hoxe foi un pracer escoitar a Hugo, Xoel, Nuria e Eva, eles recitaron poemas de Antonio García Teijeiro, Rosalía,  e unha escolla do libro "Poesía para niños" Ed. Alfaguara.

La imagen puede contener: 2 personas, personas sentadasLa imagen puede contener: una persona, sentada La imagen puede contener: 3 personas

A NOSA HORTA EN ACCIÓN!

Hoxe luns os nenos e nenas de infantil estivemos plantando na horta do cole! Variadas plantas aromáticas  reciclando palés: orégano, tomillo, lavanda, menta...ideais para acompañar comidas ou facer infusións, E aproveitamos tamén para plantar leitugas, tomates, berenxenas, amorodos brancos... un sinfín de "alimentos" que a profe Raquel trouxo ó cole. Agora só falta que prendan  e nos den uns bos alimentos saudables!


La imagen puede contener: una o varias personas, personas de pie, sombrero, niño(a) y exterior La imagen puede contener: una o varias personas y exteriorLa imagen puede contener: una o varias personas, personas de pie y exterior

venres, 22 de marzo de 2019

DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES

O día 21 de Marzo coinciden varias conmmeracións destables que o noso cole non puido deixar de nomear. Se onte xoves recibiamos a visita de Miriam Ferradás, hoxe foi o artista escultor Tino Resille o que nos ofreceu unha "Masterclass" en toda regra sobre como usar de xeito responsable a madeira que os bosques nos aporta. Non perdades a maravillosa entrevista que o alumnado de 3º de primaria lle fixo!!



La imagen puede contener: 3 personas, personas sentadas y niño(a)

La imagen puede contener: una persona

La imagen puede contener: 4 personas, personas sonriendo, cielo, cancha de baloncesto y exterior


La imagen puede contener: personas de pie




Este ano a ONU, polo Día Internacional dos Bosques, destaca a educación como un medio indispensable para aprender a amar os bosques e avanzar na conservación da biodiversidade.
“- Conocer nuestros bosques y mantenerlos sanos es fundamental para el futuro.
- Nunca se es demasiado joven para empezar a aprender sobre los árboles.
- Tanto el conocimiento moderno como el tradicional son esenciales para mantener los bosques sanos.
- Invirtiendo en la educación forestal se puede lograr un mundo mejor.
- Las mujeres y los hombres deben tener las mismas oportunidades de acceso a la educación forestal.”


xoves, 21 de marzo de 2019

DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA

Hoxe celebramos no noso cole este día, entre outras actividades , coa visita da poetisa buenense Miriam Ferradás. Maiores e pequenos desfrutaron e se empaparon da súa paixón pola literatura galega e pola poesía en xeral.  Escoitamos e lemos versos, xogamos con verbas , creamos e deixamos voar a imaxinazón. Ata nos agasallou con fermosas poesías inspiradas no noso proxecto "O despertar das sementes"  e coincidindo co Día do bosque autóctono. Fantástica Miriam...Moitas grazas!!!

HAI UN BOSQUE MÁXICO             UNHA LARANXEIRA
ÁS AFORA DA ALDEA                NO MEDIO DA HORTA
QUE TEN NAS ÁRBORES              CON DUAS LARANXAS
CENTOS DE ESTRELAS.              E UNHA PORTA...


La imagen puede contener: una o varias personas



 La imagen puede contener: 10 personas, personas de pie e interior

 La imagen puede contener: 2 personas, personas sentadas e interior 



E CONTINUAMOS CO NOSO INSPIRADOR MURAL, QUE POUQUIÑO A POUCO SE ENCHE DE VERBAS POÉTICAS.









CONTINUARÁ...

venres, 15 de marzo de 2019

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS

O vindeiro 26 de marzo ás 19:45 o Club de Lectura de Adultos reunirase para comentar o libro: "Vivir sen permiso e outras historias de Oeste" de Manuel Rivas.

SEMANA DA PRENSA

Con motivo da  celebración da semana da prensa e aproveitando a visita que recibimos o 8 de Marzo, os nenos e nenas de 1º e 2º elaboraron varios artigos redactando o acontecido ese día coa nai de Antón, de Brais e de Uxía. Bo traballo!!!


Ademáis os nenos e nenas de 4º  estiveron lendo as novas dos exemplares do xornal Papagaio que periódicamente chega a nosa biblioteca. Atoparon moitas novas relacionadas co coidado o conservación do  medio ambiente:

– A extinción das abellas provoca a desaparición dos humanos.
– Un novo intento contra o desxeo polar.
– As mulleres conquistan o espazo.
– Os homes da selva en perigo de extinción.
– Erupcións e Tsunamis na Oceanía.
E moitas máis, que lle serviron para que unha vez máis se conciencien da importancia do respecto polo noso medio e de que diso depende a nosa vida.




xoves, 14 de marzo de 2019

DÍA DA POESÍA

Esperamos voluntarios e voluntarias que se animen a participar!!! Este é o noso cartaz convidando a crear e colaborar. Xa está inundando os corredores do cole!!!!





domingo, 10 de marzo de 2019

MALETA VIAXEIRA

De novo temos con nós a maleta viaxeira! Esta vez o tema é a diversidade.  Iremos comentando a súa andadura!!