luns, 29 de abril de 2019

HOXE NO PATIO, LIBRO

A chuva non nos deixaba sacar libros ao noso patio. Pero por fin saiu o sol e a nosa biblioteca visitou o patio e celebramos no recreo: "Hoxe no patio, libro". Os nen@s leron en mesas, bancos, en parellas, sós e en pequenos grupos.








venres, 26 de abril de 2019

VISITA DE ANXO MOURE


Abril, mes dos libros. O despertar das sementes. Quen mellor que Anxo Moure Contos Solidarios para visitar o noso cole?
Coma sempre este Carballo con Botas sementa na cativada o amor e o respeto polas árbores e os bosques.
Lembrades as landras e as castañas que prantamos dentro dunha bota en novembro, con motivo do día das árbores autóctonas? Pois ahí están, dous carballos e dous castiñeiros que pronto levaremos á terra para que medren ben fortes.









                             VISITA Á GRANXA KIRIKO

O outro día, aproveitando o bo tempo, os cativos de infantil, disfrutaron dunha saída especial, visitaron en Fornelos de Montes,a marabillosa Granxa Kiriko. Alí coidaron dos animais, prantaron alguna semente na horta, e ata fixeron unas bolachas de pan. Eiquí tendes algún de eses momentos!


martes, 23 de abril de 2019

APADRIÑAMENTO LECTOR 2019

Hoxe, 23 de Abril: "Día do Libro", fixemos o apadriñamento lector. O mal tempo non estropeou a nosa proposta e os rapaces o fixeron na biblioteca e no corredor. Este ano, os nenos de 3º a 6º de Primaria agrupados seguindo o programa T+t prepararon previamente determinadas lecturas. E esta mañá leron os seus contos aos nen@s de Infantil, 1º e 2º de Primaria

luns, 8 de abril de 2019

ACTIVIDADES PARA O DÍA DO LIBRO





E

CUÑAS RADIOFÓNICAS

Vaia artistas que temos no cole! Desta vez son os nenos e nenas de 6º que nos presentan unha pequena escolma de rimas ben divertidas con música e texto feito por eles. Escoitádeas con calma que seguro que pasaredes un rato ben agradable!


venres, 5 de abril de 2019

VISITA A GRANXA KIRIKO

Os cativos de infantil desfrutaron dun un maravilloso e lúdico día na granxa Kiriko. Aproveitando o  traballo sobre as sementes, a horta, e a granxa, non podian estar en mellor lugar: fixeron pan, coñeceron distintos animais de dúas e catro patas, plantaron na horta, camiñaron polo "bosque" máxico, Como podedes comprobar pasáronno estupendamente!!!