xoves, 26 de novembro de 2020

CULTURGAL 2020

 Este finde de semana celébrase en Pontevedra a FEIRA DA CULTURA DE DAS ARTES DE GALICIA . Este ano dunha maneira excepcional pero non deixando de mostrar  a actividade cultural (cine, teatro, música, literatura...) máis remarcable este ano e o vindeiro. Non faltarán presentacións de libros, filmes, traballos musicais, concertos, artesanía ... Non deixedes de dar unha  volta  por este evento ben de maneira presencial (reservando entradas) ben a través de youtube e da web cultur.gal




http://www.culturgal.com

25 NOVEMBRO

NON E NON!, E así cun  grito de non á violencia de xénero os nenos e nenas do cole cos seus profes realizaron diferentes actividades para reflexionar, dialogar e falar sobre temas como o respecto, o diálogo, os medos e temores, a liberdade, a autoestima, vacinas contra a violencia...

Foi a través de contos, música, mensaxes positivos, visionado de imaxes, manualidades e moito moito diálogo e reflexión en grupo!










REFLEXIÓN, DIÁLOGO, LIBERTADE!

mércores, 11 de novembro de 2020

DIA DE MAGOSTO

 "Castañas, castañas, do chan se apañan ..."  Así  cantamos unha das nosas cancións favoritas para celebrar esta festa popular , que este ano tampouco deixamos de celebrar. Maiores e pequenos disfrutamos este día a través de xogos populares (zancos, buxainas, mariolas, gomas elásticas, aros, sacos) , manualidades (viseras, colares, cadros con elementos naturais...) , investigación nos contextos lingüísticos creando incluso as súas propias historias que podedes ver no blogue da biblio "A Torre das palabras", castañas, chourizos,  música , podcast en radio Faladoiro dos nenos e nenas de 6º Educación infantil  e ata o bo tempo, baixo medidas de seguridade establecidas, fixeron que  tod@s pasaramos unha mañán fantástica,  sabrosona e con arte natural!

Eiquí unha pequena escolma de imaxes do ben que o pasamos!! Esta semana iremos subindo máis ... porque temos un feixe delas!!!! 

Comeza a conta atrás para o próximo magosto 

 e esperemos que noutras circunstancias...
















domingo, 1 de novembro de 2020

MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS (Parte 1)

 Comezamos o mes de novembro e como tal,  o mes da ciencia , data que levamos conmemorando no noso cole facendo experimentos dende hai un par de anos. Este ano a Institución  Galega da Ciencia propón dedicarllo a Robert Koch, microbiólogo alemán descubridor dos bacilos da tuberculose e a Ernesto Viéitez Cortizo científico galego de fisioloxía vexetal, ademáis de farmacéutico, profesor e político. Autor de varios  libros, entre eles "O castiñeiro: bioloxía e patoloxía" , leva o seu nome os premios de investigación organizados pola Real Academia das Ciencias.

 


 

 ANIMÁDESVOS A INVESTIGAR A ESTES IMPORTANTES CIENTÍFICOS?????
E MENTRAS TANTO... NO COLE IMOS FACER EXPERIMENTOS DURANTE ESTE MES DE NOVEMBRO RELACIONADOS CO PROXECTO DO COLE "SUPER-ARTE" MOITOS DELES A PROPOSTA DO CONTEXTO CIENTÍFICO...
GRACIÑAS!! 
SEGURO QUE SORPRENDEREMOS!!!