venres, 29 de abril de 2022

DIA DO LIBRO

 Remata o mes de abril e con él unha das conmemoracións máis celebradas e esperadas : 23 de Abril día do libro.

Este ano seguimos con actividades de continuación e recuperadas despois da pandemia, como o apadriñamento lector, onde os máis maiores len contos aos pequenos; hoxe no patio libros lendo libros na hora do patio ; familias que veñen a contar contos, organización da actividade "cámbiocho por un conto" onde cada un conta unha historia e a cambio Torriño ofrece un agasallo : un libriño da editorial Kalandraka.

E para rematar convertímonos en booktoubers!!! CONMEMORANDO O 50 ANIVERSARIO O ALUMNADO E PROFESORADO RECORDAN E ANIMAN A LER LIBROS DE HAI MOITOS MOITOS ANOS!!

Un gran acontecemento!! un reencontro despois de dous anos de pandemia!!!









CONTA ATRÁS PARA O PRÓXIMO ANO!!

ART FOR CHANGE EN BUEU

 Mañán sábado celébrase o  Festival Art for Change, organizado polo Ies Johan Carballeira e no que o noso cole tamén colabora. Haberá actividades de todo tipo e manualidades feitas polo alumnado para vender e contribuír á causa: apadriñar unha balea.Desde infantil ata  primaria todos implicados por unha boa causa.



ESTAMOS TOD@S CONVIDAD@S!!