luns, 27 de xuño de 2022

VERBENA 50 ANOS



     Rematamos un curso de lembranzas, recordos de momentos inesquecibles, centos de fotos... e por suposto o noso festival fin de curso, este ano a tope coa celebración a través de coreografías e cancións que nos fixeron viaxar no tempo.







sábado, 25 de xuño de 2022

OBRADOIRO DE VIMBIOS

 Non podiamos dar por rematado sen compartir unha das actividades de final de curso que máis éxito tivo: "Obradoiro de peixiños de vimbio", organizado por este equipo de dinamización e continuando coas actividades de transmisión da nosa cultura popular. Non hai tanto que na nosa contorna se facían cestos, bolsos...de vimbios.

O obradoiro foi impartido o xoves 16 pola artesá Julia la parabólica e esperamos tela con nós no vindeiro curso.






xoves, 23 de xuño de 2022

CONSELLOS DE VERÁN

 E xa rematou o curso!!! Despois dun ano cheo de inquedanzas, de experiencias , de aprendizaxes diarias... por fin chegamos a este verán tan desexado e preparado para recargar as pilas e afrontar outro ano que non sabemos o que nos vai deparar.

Polo de pronto aproveitaremos para disfrutar de lecturas e xogos en familia que seguro nos farán pasar un rato moi agradable cheo de sorrisos e das apertas que tanto precisamos.

Ánimo a todos e todas e FELICES VACACIÓNS!!





DIA DO ACOSO ESCOLAR

 Ainda que xa pasou máis de un mes, non podemos deixar de subir este fermoso e ilustrativo  video onde mostramos os cartaces que se fixeron para poñer nos corredores cheo de frases que xurdiron no consello escolar infantil.

Formativo e ilustrativo que non deixaremos de poñer en práctica.

venres, 17 de xuño de 2022

VISITA PROFE AMI

 Recibimos a visita da sobriña de Dona Amalia , unha das primeiras profes do  noso cole. Foi unha loitadora nun mundo de homes e loitou moito para ser mestra. Como di a foto, Dana Amalia foi mestra desde o ano 1954, primeiro impartindo docencia en varias unitarias.

Moitos dos avós e avoas que temos hoxe en día , aínda se lembran con agarimo do bo facer desta mestra.

Vaia influencer!!!!




VISITA HEMATOCRITO

 Os nenos e  nenas dos primeiros cursos de primaria disfrutaron da visita dun dos autores que máis está gustando por estes lares. Agasallounos coa súa simpatía e creatividade e quedamos con ganas de máis, así que esperamos telo moi pronto con nós...!





martes, 7 de xuño de 2022

CORRELINGUA NO MORRAZO

 Rematando o mes de maio, mes das letras galegas, os nenos e nenas de educación infantil participamos no Correlingua deste ano, celebrado no auditorio de  Cangas.

Durante todo o mes estivemos a coñecer e aprender canción do artista convidado Pablo Díaz e a banda Tic Tac Toc. Pasamolo de maravilla e cancións como "Queremos galego", "Piratas", Tic tac o reloxo ", ou "Polo san Xoán", fixeron as delicias e, porque non, o delirio da cativada presente.









luns, 23 de maio de 2022

FESTA NO ADRO

 O pasado sábado 21 a A.C.Costumes de Cela, organizou encolaboracón co Concello de Bueu unha gran festa para nenos e maiores. Por inclemencias do tempo metereolóxico tívose que cambiar a ubicación prevista e trasladarse aoTorrecino. 

Como ben indicaban os cateis houbo de todo: Música con Retrouso, xogos poulares con Barafunda, Títeres con Tarabelos , moita aniñación e unha entrega de premios emotiva e espectacular. 

Quedan aquí unhas fotos para o recordo, onde ademáis, se lle fixo un homenaxe ao noso cole, que está de aniversario. 50 aniños!! e moitos dos que estaban presentes foron ou son alumnos deste centro. Non podemos deixar de nomear a un dos membros deste equipo de dinamización e ex alumno do centro, que recibiu unha pequena homenaxe da Asociación e dos asistentes,  por que él si que é profeta na súa terra!

Parabens Profe Manolo e sempre grazas!!

E a esta Asociación  darlles a noraboa pola impecable organización, por seguir traballando en prol da nosa lingua e da nosa cultura  e agradecer que sempre conten co noso cole para facer actividades.









MOITAS GRAZAS!!!




mércores, 18 de maio de 2022

ILUSTRAMOS A POESIA DE FLORENCIO DELGADO

 Co gallo da poesía de Don Florencio e das actividades propostas por seminario Galán, os nenos e nenas de 5º de primaria, agasállannos coa ilustración de poemas escollidos deste escritor da natureza, do agro, da xente, das tradicións...

MOITAS GRAZAS RAPACES!!!
UNHAS FERMOSAS ILUSTRACIÓNS!














CONCURSO LETRAS GALEGAS

 Xa temos os gañadores e gañadoras do concurso organizado pola A.C. Costumes de Cela!!!!

Os traballos foron fantásticos como xa se subiron ven en anteriores entradas, e sabemos que non foi nada sinxelo para o xurado, pero aquí están!!!

1º de primaria--- Leire Martínez

2º de primaria --- Naebia Calviño

3º de primaria --- Xoel Pena

4º de primaria --- Pedro Rosales

5ª de primaria --- Aylem Pichel

6º de primaria --- Cesáreo Santos

INFANTIL --- AGASALLO PARA TÓDOLOS PARTICIPANTES!

NORABOA A TODOS E TODAS POR PARTICIPAR E POÑER TANTO AGARIMO NOS TRABALLOS PRESENTADOS!!

VÉMONOS O VINDEIRO SÁBADO 21 NO ADRO DE CELA NA FESTA 

  ONDE SE ENTREGARÁN OS AGASALLOS AOS GAÑADORES

 E ONDE PASAREMOS MOI BEN!!!

ALGO GRANDE SE ESTÁ A ARGALLAR!!





CHEGOU O DÍA, CHEGOU A ROMARÍA (II)

     Velaí vai un ano máis a nosa "Romaría escolar das letras galegas". Estivo cheíña de ledicia, xogos, música, complicidade...Pequenos e grandes disfrutando dunha xornada extraordinaria chea de agarimo e moita calor!!

Queda unha pequena mostra de momentos compartidos a través de  xogos populares, da música, dos paseos de ida e volta pola nosa contorna ata chegar á praia e ao cole.

E como non podía ser de outra maneira...continuamos a celebrar o noso 50 aniversario, e durante a  mostra de construccións de area, se fixeron verdadeiras obras de arte para festexar os nosos parabens!!!! 
















E rematamos cun agasallo deste fabuloso día! Quixemos continuar coa colección de xogos populares que se inciou na primeira romaría, e desta vez se agasallou con io ios e buxainas de madeira para que perduren no tempo.