luns, 15 de novembro de 2021

VISITA AO MUPEGA

Como xa se anunciou no noso blogue da biblio " A torre das palabras" este ano conmemoramos o 50 aniversario da nosa escola. Como non podía ser menos, queremos saber como eran as aulas hai  tantos anos e ademais de pedir a colaboración das familia para a aportación de fotografías, videos...que nos recorden eses anos, os maiores do cole visitaron o MUPEGA en Santiago de Compostela. Abraiados e abraiadas de como se foron tranformando as ferramentas, utensilios, materiais varios, tomaron boa nota cos ollos e a orellas ben abertas para non perder detalle.

Contiuaron esta primeira saida do curso paseando e comtemplando as rúas da nosa capital galega investigando e solucionando propostas que levaban no seu caderno de viaxe.

Sen dúbida un día productivo e fantástico!







sábado, 13 de novembro de 2021

MAGOSTEAMOS NO COLE!!

Xa chegou o San Martiño...e con el o noso esperado magosto.

 O pasado venres 12 celebramos no noso cole un día excepcional, cheo de música, castañas, chourizos, xogos e moitas ganas de pasalo ben!

Desde primeira hora tivemos o privilexio de ter con nós ó grupo de pandereteiras Tanxuguerias, que fixo a delicia musical de todo o alumnado e profesorado. Impartiron o obradoiro "A tradición musical galega en feminino" dentro do plan de reactivación cultural fronte aos efectos derivados da covid-19.

Sobran as palabras para darse conta do moito que nos gustou telas con nós e escoitar como recollen a tradición escoitando aos nosos maiores e como co noso idioma chegamos a todos lados.

Lembrade que nos puxeron un pequeno reto: escoitar música en galego e preguntar nas nosas casa se lembran cantigas tradicionais.

Pero de seguro que o mellor foi poder celebralo todos xuntos, coas nosas/-os compañeiras/-os, compartindo xogos, risas e vivencias.

Grazas, unha vez máis, a toda a comunidade educativa polo esforzo de levar a cabo a actividade.

Velaí unha pequena escolma das imaxes do día:


















E para rematar, unha adiviña:
                                              
                                              Está no aire,
                                              no aire se mantén,
                                              vén para o chan
                                              e perde o que ten