O proxecto deste curso vai de superheroes, superheroínas e sobre os poderes que estos poseen. Recoñeceremos tamén os que temos cada un dentro de nós. A través de diferentes lecturas, debuxos, xogos, cantigas...descubriremos cales son os poderes de cada personaxe escollido pola súa forza, valor, empatía, optimismo, xenerosidade...e daremos conta do poder que temos dentro de nós mesmos.
Dentro das aulas, comézase a ler contos como "Super Sam", "Max e os superheores", "O gran libro dos superpoderes"... e a escoitar a canción "somos os superheroes" de Maria Fumaça. Superpoderes en acción!!!