Pouco a pouco achégase unha das festas máis transgresoras e populares do mundo e en especial da nosa contorna galega, declarada de interese turístico en diferentes lugares da nosa comunidade (Xinzo de Limia, Cobres, Laza, Verín, Maceda, Xeraisdo Ulla, Viana do Bolo, Manzaneda).
Este ano propoñemos desde este equipo dinamización investigar o entroido máis alá do traxe é a máscara nos diferentes lugares de Galiza e sobre todo na nosa contorna máis próxima: Bueu, Hío, Cobres, Pontevedra.... Para iso comezamos cunha pequena información dos días de celebración, para descubrir agora en que lugares se celebran e cales son as variacións dun lugar a outro. Animádevos a investigar!!!
O Entroido tradicional é un ciclo festivo, non unha festa celebrada un día concreto, que consta de diferentes celebracións que ocupan varias semanas.Son as seguintes por orde cronolóxica, aínda que non se celebran todas en tódolos lugares.
Domingo Fareleiro ou Borrallento.
Coincide co domingo de
septuaxésima. É o terceiro
domingo anterior ao Domingo de
Entroido. A xente saía á rúa a
divertirse tirándolle fariña ou
borralla aos demáis.
Domingo Oleiro.
É o segundo domingo anterior ao
domingo de Entroido.
A xente xoga a guindarse olas de
barro sen que lles caian e
escachen.
Xoves de Compadres.
É o xoves seguinte ao Domingo
Fareleiro. As rapazas facían un
boneco vestido de home (o
compadre) para queimalo e os
rapaces intentaban quitarllo,
montándose unha fenomenal liorta
festiva, simbólica loita de sexos, entre mozos e mozas.
En algúns lugares invértese a orde dos xoves de compadres
e comadres, celebrándose o de comadres en primeiro lugar.
Domingo Corredoiro.
É o primeiro
domingo anterior
ao Domingo de
Entroido. Os
rapaces e mozos
botan auga, ovos
podres, borralla,
lama e mesmo
formigas á
xente. Corríase o
galo, que consistía en que os mozos tiñan que arrincarlle a
cabeza ao galo cun pau ou coas mans, ou ceibar un galo e
correr atrás del ata pillalo, esta última forma adoitaba ser a
celebración infantil.
Logo faise unha gran comida co mellor da matanza.
Logo faise unha gran comida co mellor da matanza.
Xoves de Comadres.
É o xoves seguinte ao
Domingo Corredoiro. Os
rapaces fan un boneco
vestido de muller (a
comadre)coa idea de
queimalo e as rapazas
intentan quitarllo. Outra vez
monumental liorta festiva
entre mozas e mozos.
En algúns lugares invértese a orde dos xoves de compadres
e comadres, celebrándose o de comadres en primeiro
lugar.
Domingo, Luns e Martes de Entroido.
Festa rachada! Son os días de disfrazarse e saír á rúa
disfrazados para divertirse. Hai desfiles e bailes de
disfraces. Estes días non se traballaba.
O martes queimábase o Meco ou Entroido despois de lerlle
un testamento cómico. Coa súa queima remata o Entroido. O martes queimábase o Meco ou Entroido despois de lerlle
un testamento cómico. Coa súa queima remata o Entroido.
Mércores de Cinza. É o primeiro día da Coresma. Acababa a festa e estaba prohibido comer carne. En algúns lugares neste día facíase o enterro da sardiña, que ten un significado semellante á queima do Entroido.
Domingo de Piñata. É o domingo seguinte ao de Entroido. Ten un carácter netamente urbano e moderno. A piñata é un xogo traído de Italia no século XVIII, e que consiste en romper cun pau, levando os ollos tapados, unha ola que pende dunha corda, chea de confeti, auga, fariña ou incluso cun pombo vivo.
ENTROIDO RURAL TRADICIONAL E ENTROIDO URBANO.
Ata aquí o calendario do Entroido rural tradicional no que predomina o espontáneo fronte ao organizado, isto último característica do Entroido urbano. Nas cidades foi perdendo o seu carácter tradicional e foise contaxiando do xeito universal de celebralo, con desfiles de carrozas e comparsas, con grandes premios, concursos, festas e bailes de disfraces en locais sociais, casinos e discotecas. Pese a todo, aínda tendo un carácter máis urbano, sigue persistindo o Entroido da rúa, tradicional, o de toda a vida, o das “peñas”, dos grupos de amigos que forman comparsas e vívese o Entroido dunha maneira activa, na que a crítica, a permisividade e a transgresión aínda seguen vixentes.
AGORA SÓ QUEDA DESCUBRIR EN QUE LUGARES E CÓMO CELEBRAMOS ESTA FESTA ,ESTADES PREPARAD@S?
E... SEREMOS CAPACES DE ATOPAR OUTRAS MANEIRAS DE CELEBRALO?