Pedimos aos alumn@s unha foto e un pequeno texto no que falasen de superheroínas da súa familia.
A media mañá do venres 6 de marzo todo o alumnado do centro reuniuse na biblioteca e escoitamos historias de guerra, traballo, sacrificio... e decoramos o corredor con todos estes traballos.FOI IMPRESIONANTE ESCOITAR AOS PROPIOS NENOS E NENAS CONTAR E SENTIR A VIDA E OBRA DAS MULLERES DA SÚA VIDA!
MOITAS GRAZAS!!!
Destacar que os alumn@s de 5º e 6º de Primaria participaron no Certame de poesía e relato curto organizado polo CIM do concello de Bueu. Xavi Martínez gañou o primeiro premio co poema "A miña super tataravoa" e Manuel Soliño mención especial.