mércores, 1 de abril de 2020

DIA DAS ARTES GALEGAS

O día 1 de abril, celébrase o día das artes galegas que, neste 2020, homenaxea ao arquitecto Domingo de Andrade (1639-1712). Aínda que a maior parte da súa obra podemos vela en Compostela, fora dalí tamén deixou a súa pegada en Lugo e Ourense.

É o gran maestro da arquitectura barroca en Galicia. Sobresae o seu traballo na cidade de Santiago e na súa catedral. A súa gran obra sería a Torre do Reloxo da basílica entre as prazas de As Praterías e A Quintana.

O cartel conmemorativo foi realizado polo académico Xosé Díaz Arias de Castro a partir do retrato de Domingo de Andrade obra de Felipe Criado e conservado na Facultade de Xeografía e Historia Compostelá.


 

Outra das obras máis recoñecidas atopámola tamén no Convento de Santo Domingo de Bonaval

"TRIPLE ESCALERA HELICOIDAL"

Propoñemos desde este equipo de dinamización construír unha torre, cos materiais que teñades a man, sen esquecer pór o reloxo! 
Velaí vai uns exemplos:

  

E que tal se investigamos s os chanzos que teñen estas torres?