ANO DE NEVES ANO DE BENES!
Benvidos e benvidas a un novo ano que apenas comezou hai 19 días. Coa esperanza dun mundo mellor sen guerras, sen odios, sen mentiras, sen medo... no cole xa estamos a voltas coa celebración do día da Paz . Dende a biblio estase a organizar un Museo da Paz, onde todo o alumnado participará escribindo esta en diferentes idiomas, ademáis de expoñer obras (musicais, pictóricas, escultóricas... e coñecer artistas que utilizan os seus superpoderes para provocar sentimentos de libertade, amor, agarimo, ledicia, calma...
Nas entradas e saídas escoitaremos unha selección , na sua maioría na nosa lingua, de cantigas relacionadas con este día.
Preparados e preparadas para dar o mellor de nós neste día de conmemoración mundial e inmensa onde non faltará un chocolatiño pola Paz cada grupo na súa aula.
Proximamente máis!!
Aproveitamos para dar as grazas polos recursos que continuamente atopamos nas redes. Fantásticos!
- Presentaciones Día de la Paz de Orientacion Andújar (2010)
- 10 novos mandalas para o Día da Paz
- Seminario Galego da Educación pola Paz
- Por un mundo en paz, actividades para o aula AMEI WAECE
- Documento de word en pictogramas para reflexionar sobre a PAZ
- Adaptación Unidade Didáctica La Paz, realizada por Lucía Fernández Vivancos en lectura fácil (pictogramas ARASAAC)
- Mural dixital da mesma autora cunha recompilación de recursos
- Minilibro Día de la Paz realizado por Isidro Burgos de Actiludis
- Recursos para o día da paz de Escuela tic 2.0
- Recursos día da paz do CEIP Mestres Goldar