venres, 18 de febreiro de 2022

ENTROIDO II

 E xa estamos na conta atrás!!! 


Torriño xa está preparado para o primeiro día de entroido: Pixama, bata e a cara lavada...

Comezamos a ter as primeiras máscaras   máis coñecidas e recoñecidas  do entroido galego. Tendo en conta o PDI deste ano "Os planos da memoria", decoramos ou "tuneamos" as mitras de peliqueiros, cigarróns, pantallas e boteiros de Viana, ben lembrando o noso aniversario, ben cos nosos animais favoritos. 

Estade atent@s as próximas entradas do blogue!!

Ademáis, o profe Jose deulle unha voltiña a canción "Terra" das Tanxugueiras e adaptou unha letra chulísima tamén relacionada co noso PDI.

Vos animades a cantar na casa???