domingo, 2 de febreiro de 2020

PINCELADAS DE ROSALIA

Un pouco de información para comezar a investigar!!


     Rosalía de Castro  é a galega máis universal. Ademáis de ser abanderada da morriña e da patria é unha pioneira do feminismo na literatura. 
Certo é que sobre todo na súa pouco coñecida prosa, a escritora era unha abanderada do fenimismo. No prólogo de "La  hija del mar", un dos seus libros máis intimistas, supón todo un alegato de empoderamento femenino e reivindicación."Porque todavía no les es permitido a las mujeres escribir lo que sienten y lo que saben", afirmaría en el texto, publicado en 1859. 
As súas personaxes femeninas sempre contrapostas: ou sometidas ou intentando rebelarse."Yo soy libre. Nada puede contener la marcha de mis pensamientos, y ellos son la ley que rige mi destino." Rosalía escribiu estas palabras en Lieders, un texto publicado no Álbum del Miño de Vigo en 1958. Tiña 21 anos e o seu discurso precoz e crítico, queda queda plasmado nesa declaración de intencións. 
Na actualidade está considerada como unha escritora indispensable no panorama literario do siglo XIX, representa xunto con Eduardo Pondal e Curros Enríquez unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento Galego,e con Gustavo Adolfo Becquer, como a percursora da poesía española moderna.
 O su libro "Cantares Galegos" foi entendido como a primeira gran obra da literatua galega contemporánea, representando un canto colectivo que serviu de espello dignificante á comunidade galega.Supuxo o incio do "Rexurdimento". A súa publicación o 17 de maio de 1863  foi a data elexida pola Real Academia Galega en 1963 para a celebración do día das Letras Galegas, homenaxeando as persoas que destaquen pola súa creación literaria e en defensa do idioma galego.
De Castro recupera unha tradición escrita, en galego, que fora perdida. 
A escritora deu lugar a unha poética de grande profundidade en Follas Novas, propia da máis elevada poesía; xunto coas obras "Aires da miña terra" (Curros Enríquez), Saúdades Gallegas (Valentín Lamas Carvajar) e Maxina ou a filla espúrea (Marcial Valladares) completa o conxunto de obras publicadas na década do 1880 que fixeron deste anos unha etapa  clave no desenvolvemento da literatura galega.