xoves, 20 de febreiro de 2020

VISITA DE MADAMAS E GALANS DE COBRES

Seguindo coa semana entroideira organizada por EDLG, hoxe xoves visitáronnos ao centro membros a Asociación Cultural Entroido de Cobres. Con eles aprendemos a diferenciar entre traxe e disfrace, cómo se confeccionaban estes traxes dende hai séculos cosidos a man e  sentimos en nós mesm@s o peso dos sembreiros e as dificuldades para danzar con eles...Foi unha visita do máis didáctica e festeira...MOITAS GRAZAS POR VIR!!