Un blog ideado para mostrar agarimo e perpetuidade á nosa lingua, e a todas as linguas que nos rodean convivindo día a día con nós, e que supoñen unha inmensa riqueza cultural.
martes, 2 de xuño de 2020
DÍA DO MEDIO AMBIENTE E DÍA DOS OCÉANOS (PARTE 2)
Para esta semana, continuamos a facer propostas para conmemorar estas datas sinaladas que nos fan reflexionar e prestar atención á contorna que nos rodea. Mirádeas e podedes escoller a que vos pareza máis interesante: intentade facer este experimento tan curioso, e por que non? Animádevos a facer un cartaz que nos invite a recapacitar e ser conscientes de que temos que coidar un planeta fermoso, cheo de vexetación, animais, mares...