Os nenos e nenas de 2º de primaria elaboraron uns cartaces superchulos para a celebración da Romaría das Letras Galegas e Festival de fin de curso. Polas circunstancias que todos e todas sabemos non se pode celebrar, pero a intención que non falte.
Grazas a todos por este curso cheo de agarimos, emocións, sorpresas e o interese para que a nosa lingua , chea de verbas poderosas, chegue a todos e todas e disfrutemos en tódolos ámbitos posibles: tecnolóxicos, musicais, deportivos, escritos, creativos...
Desexamos un verán fantástico, moito descanso e anaquiños de tempo para ler e conversar a carón dunha boa lectura.
Unha aperta do equipo de dinamización da lingua.
Proximamente publicaremos recomendacións lectoras para rematar este curso escolar tan tan diferente!