Comezamos o mes de novembro e como tal, o mes da ciencia , data que levamos conmemorando no noso cole facendo experimentos dende hai un par de anos. Este ano a Institución Galega da Ciencia propón dedicarllo a Robert Koch, microbiólogo alemán descubridor dos bacilos da tuberculose e a Ernesto Viéitez Cortizo científico galego de fisioloxía vexetal, ademáis de farmacéutico, profesor e político. Autor de varios libros, entre eles "O castiñeiro: bioloxía e patoloxía" , leva o seu nome os premios de investigación organizados pola Real Academia das Ciencias.
ANIMÁDESVOS A INVESTIGAR A ESTES IMPORTANTES CIENTÍFICOS?????
E MENTRAS TANTO... NO COLE IMOS FACER EXPERIMENTOS DURANTE ESTE MES DE NOVEMBRO RELACIONADOS CO PROXECTO DO COLE "SUPER-ARTE" MOITOS DELES A PROPOSTA DO CONTEXTO CIENTÍFICO...
GRACIÑAS!!
SEGURO QUE SORPRENDEREMOS!!!