"Castañas, castañas, do chan se apañan ..." Así cantamos unha das nosas cancións favoritas para celebrar esta festa popular , que este ano tampouco deixamos de celebrar. Maiores e pequenos disfrutamos este día a través de xogos populares (zancos, buxainas, mariolas, gomas elásticas, aros, sacos) , manualidades (viseras, colares, cadros con elementos naturais...) , investigación nos contextos lingüísticos creando incluso as súas propias historias que podedes ver no blogue da biblio "A Torre das palabras", castañas, chourizos, música , podcast en radio Faladoiro dos nenos e nenas de 6º Educación infantil e ata o bo tempo, baixo medidas de seguridade establecidas, fixeron que tod@s pasaramos unha mañán fantástica, sabrosona e con arte natural!
Eiquí unha pequena escolma de imaxes do ben que o pasamos!! Esta semana iremos subindo máis ... porque temos un feixe delas!!!!
Comeza a conta atrás para o próximo magosto
e esperemos que noutras circunstancias...