mércores, 24 de febreiro de 2021

ARTE CON ROSALÍA

 Hoxe 24 de Febreiro celebramos no cole o Día de Rosalía de Castro. A todo@s quedounos ben claro que foi o día en que naceu, e porqué celebramos o Día das Letras Galegas o 17 de Maio; COÑECEMOS A SÚA VIDA E OBRA,  ademais de moitas curiosidades, como que hai un avión que leva o nome de Rosalía de Castro .

Como xa anunciamos tivemos un día cheo de actividades E MOITO ARTE CON ROSALÍA  por todo o cole: corredor, biblioteca, aulas, música adicada a Rosalía durante toda a mañán, coreografías e participación na proposta da AELG, ademáis un lenzo interactivo (con medidas de seguridade), seguimos poñendo  voz a  imaxes de Rosalía a través da aplicación Chatterpix, escoitamos a mensaxe de Miriam Ferradáns (poeta de Bueu),...

E deixamos algunhas imaxes e un pequeno resumo audiovisual do que foi o día de hoxe. Esperamos que vos guste...

Proximamente máis...