Nas vésperas da celebración do nacemento da muller máis importante da cultura galega, presentamos unha pequena na escolma de actividades para realizar na aula ou xogar na casa. Para o día 24, data do seu nacemento temos preparada unha sorpresa telemática nas aulas e que subiremos o mesmo día ao blogue.
Entre as actividades a propoñer destacamos unha animación con fotografías de Rosalía e a voz do alumnado do cole. E xa temos algunha para ensinar, neste caso nenos e nenas de 5º!!!!!
Disfrutade desta maravilla...
E XA TEMOS A 5º DE INFANTIL POÑENDO A SÚA VOZ A ESTA IMAXE DE ROSALÍA!! SUPERDIVERTIDA!
E AOS NENOS E NENAS DE PRIMEIRO!!!
E no contexto lingüístico seguimos coñecendo a esta muller e a súa vida e obra a través de fantásticas actividades dinámicas e creativas como estas que están facendo os maiores do cole. Non vos perdades as próximas actualizacións do blogue para disfrutar do traballo e aprendizaxe dos compañeir@s!!
No portal da lingua atopamos actividades tan estupendas e interactivas como estas. Atopamos que son moi recomendables para pasar seguir aprendendo de maneira lúdica .
Así mesmo, velaí van unhas recomendacións de libros e recopilacións sobre Rosalía