sábado, 2 de maio de 2020

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2020

Empezando xa o mes de Maio e vivindo unha situación excepcional, estamos a piques de celebrar o Día das Letras Galegas, este ano adicado ao escritor e educador Ricardo Carvalho Calero. Aínda que a celebración do propio día trasladouse para o 31 de Outubro, estes días iremos subindo material que nos chega ás nosas mans e o que imos atopando navegando polas redes. Curioseade un chisco e adentrádevos na vida e obra deste ilustre defensor na nosa lingua. 
A continuación tedes unhas propostas deste equipo de dinamización.

Carvalho Calero también fue un gran educador - Faro de Vigo carvalho calero


DESDE ESTE EQUIPO DE DINAMIZACIÓN E EN COLABORACIÓN COA BIBLIO, PROPOÑEMOS ESTAS ACTIVIDADES PARA INFANTIL E PRIMARIA.  

EN CONCRETO PARA INFANTIL, ADEMÁIS DE LER UNHA ANÉCDOTA DA SÚA INFANCIA SOBRE OS SEU AMOR CARA OS ANIMAIS, PROPOÑEMOS DEBUXAR A CARVALHO CALERO COMO UN SUPERHEROE MOSTRANDO OS SEUS PODERES CARA OS ANIMAIS, OU QUEN SE ATREVA A INVESTIGAR UN POUQUIÑO MÁIS, TAMÉN COMO SUPERHEROE DA LINGUA . 

 PARA PRIMARIA, ADEMÁIS DE LER A INTRODUCCIÓN E UN BREVÍSIMO RESUMO, PROPOÑEMOS QUE CADA NENO E NENA NOS CONTE EN QUE LUGAR SE SINTE LIBRE E FELIZ, IGUAL QUE CARVALHO CALERO ERA FELIZ EN "OS TUMBOS" E PORQUE. E SE AÍNDA SE ANIMAN A MÁIS, QUE NOS CONTEN OU MOSTREN PORQUE É UN SUPERHEROE DAS LETRAS GALEGAS COMO TAMÉN O SON ROSALIA DE CASTRO, CURROS ENRÍQUEZ E OUTR@S....











- Seguimos  cun fantástico traballo feito e compartido polo Equipo de dinamización do colexio San Pio X de Ourense. Moitas grazas!

Ligazón do vídeo (YouTube): https://www.youtube.com/watch?v=nwhKFNhemxY

E ademáis un xogo, superdivertido e didáctico que non debedes deixar de facer.

https://colexiosanpiox.gal/blog/2020/don-ridardo-o-xogo/

E velaquí a ligazón directa para acceder a él: https://view.genial.ly/5e750fa6d0e81c0e4046557d/game-don-ridardo-o-xogo


- O EDLG DO CEIP SAN PEDRO DE VISMA  comparte no portal da lingua este completísimo Pasapalabra para coñecer máis a fondo a vida e obra do homnaxeado este ano no Día das letras galegas.
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5380341-ricardo_carballo_calero.html

Ruleta de preguntas sobre Ricardo Carvalho Calero