OLAA!
Dende os equipos de Dinamización, Biblioteca e Voz Natura, queremos conmemorar o Día do Medio Ambiente (5 de Xuño) e o Día dos Océanos (8 de Xuño). Para comezar convidámosvos a facer estes eco-retos sen esquecer marcar no voso calendario de casa o día co reto superado.
Ademáis , convidámosvos a ver con tranquilidade e conciencia estas imaxes animadas onde nos invitan a facer unha parada e reflexionar sobre o que estamos a facer co noso planeta.
Atopamos un conto maravilloso e traducido en varios idiomas que podedes atopar en Intered, así como tamén recordar un corto visto no cole e moi ilustrativo titulado LEMON.
E vos? cómo podedes axudar a coidar o nosos oceános e a contorna que nos rodea? Expresádeo con todos os vosos superpoderes en acción na plantilla que tedes abaixo!!
Tamén podedes pintar e completar estas láminas que poden servir para decorar o voso cuarto mentras escoitades esta canción de Pablo Díaz "Ecoloxista"