Bo e fermoso traballo!!!
A CORENTENA EN CELA
O 13 de marzo o goberno avisou
que un virus por algún lado entrou.
A proposta era sinxela
as mans lavar en corentena.
Ademáis de gardar a distancia
pero coa familia isto non ten importancia.
Anuncian que o virus ven pa’ quedarse
e eu sigo frota que frota para de min despegarse.
Levo máis de 50 días de confinamento
e non podo evitar no meu pensamento
que a liberdade non está lonxe
se non de aquí en diante métome monxe.
ROMAN 5º PRIMARIA
COPLA MAIOS
Aquí vén o maio
cheo de coronavirus
andamos con coidado
pra que non salpique o virus.
Aquí vén o maio
cheíño de luvas
escoitamos na radio
que ven moita chuva.
Aquí vén o maio
pra sacar un sorriso
quita a mascarilla
e come unha patatilla.
ALBA 5º PRIMARIA
Cando poidamos saír,
unha festa imos montar,
con coidado temos que ir
se queremos o día fóra pasar.
Cando poidamos saír,
moi ben ímolo a pasar,
sen as clases virtuais,
nos pupitres imos sentar.
Podemos ficar na casa,
un refrán imos contar:
primavera, primavera,
do sofá pra paneira.
SAMUEL 5º PRIMARIA
En maio, co bo tempo
vamos levantando o confinamento.
Sae tamén a pasear,
pero a máscara as de levar.
En maio, nacen as flores
que alegran a todos nós .
Vaite virus, vaite
que estás acabando cos avós.
En maio, aplaudimos todos
coma tolos no balcón
por eses grandes heroes
que traballan un montón.
IVAN 5º PRIMARIA
COPLA DOS MAIOS
Xa marchou o inverno
e chegou a primavera
e nos en confinamento
e sen saír da eira.
Neste maio, maiolo
sairemos a pasear todos.
Neste maio, maiolo
algúns xa estamos tolos.
Neste maio, maiño
fago deberes itiños.
Esperemos que isto
acabe loguiño.
VERA 5º PRIMARIA