Por mor da pandemia, a celebración do día das letras galegas foi trasladada ao día de hoxe, 31 de outubro. Durante o confinamento do 3º trimestre, realizamos actividades relacionadas co homeaxeado deste ano: Ricardo Carvalho Calero. Hoxe é un bo momento para recordar a alguen cuios superheroes das letras foron Rosalía de Castro e Curros Enriquez e entre outras foi autor do libro Historia da Literatura Galega Contemporánea ....
Ademáis en Samaín aproveitamos para coñecer artistas galegos que nalgún momento ilustraron e/ou pintaron cadros coa temática da morte ou do medo. Por suposto a música non podía faltar, con grupos como Uxía Lambona, Paco Nogueiras, Migallas, Mamá Cabra ...
Participamos no concurso organizado Feiraco e Sxpl, onde levamos o primeiro premio!!
Fixemos caricaturas dos nosos seres queridos tendo en conta algunha das que lle fixeron a Ricardo Carvalho.
Escribimos e contamos lugares onde nos sentimos libres, igual que Ricardo tiña o seu lugar favorito "Os Tumbos".
Expuxemos algunha das súas obras (eso sí, de maneira virtual) e tamén o convertimos en superheroe, e aproveitando que foi un gran amante de defensor dos animais, describimos cómo nós tamén temos poder para coidar, respetar e protexer aos animais.
E fabulosos xogos e actividades que iamos topando nas redes . Moitas grazas por compartilo!!
Este luns entraremos na escola con música tradicional e faremos unha lembranza ao día das letras galegas. Estade atent@s...
SEREDES QUEN DE ATOPAR AS VOSAS ACTIVIDADES NESTE BLOGUE???
Ánimo e a ver se vos atopades!!! ¨É moi sinxelo...
Este luns entraremos na escola con música tradicional e faremos unha lembranza ao día das letras galegas. Estade atent@s...