sábado, 24 de outubro de 2020

CELEBRAMOS O DIA DAS ESCRITORAS

Desde o 2016 búscase  o legado das escritoras a través da historia, e como non podía ser de outro xeito no noso cole celebramos esta iniciativa como se merece!

Desde dinamización da lingua se preparou unha pequena montaxe de escritoras galegas escollidas, para motivar a investigar e coñecer algunhas das mulleres que forman parte da nosa historia lingüística.

Velaiquí unha pequena mostra do que fixemos para este día:

En infantil visionado da montaxe, recitado de Rosalía, sesión de contacontos da escritora Eva Mejuto con SUPERARTE!


 En  primeiro e segundo de primaria traballamos coa obra "Cara de Velocidade" de Marta Tojas


En terceiro de primaria  despois de investigar deron en destacar estas escritoras Rosalía de Castro, Gloria Fuertes, Fina Casalderrey e Elena Fortún. Investigamos sobre Ledicia Costas que é a autora sobre a que estamos a traballar este 1º trimestre coa súa obra "Vampira de biblioteca"


En cuarto de primaria xa coñeciamos autoras galegas moi "talentosas"e próximas como María Canosa (A cazadora de estrelas), María Reimondez (Lía e as zapatillas de deporte) cuios libros lemos o curso pasado. Este día das escritoras lemos ademáis textos de Ledicia Costas, Susana Sanchez Arins, Marta Dacosta, Elí Ríos ou Rosalía de Castro. Despois xogamos coas súas verbas descompoñendo os seus relatos, recortando e creando outros novos. Inventamos microcontos conpartes da súa obra e engadimos outras novas. Este trimestre tamén estamos a ler "Vampira de biblioteca " de Ledicia Costas.




En quinto de primaria investigaron sobre Ledicia Costas, xa que están a ler e ademáis superenganchad@s "Escarlatina, a cociñeira defunta"
Con  moitas ganas de falar  en persoa ainda que sexa de maneira virtual"



En sexto de primaria, o traballo de  homenaxe pasou por tentar contactar con escritoras para fecerlle unha entrevista por carta. As elexidas foron: Fina Casalderrey, An Alfaya, Ledicia Costas, Miriam Ferradáns.


Carta de An  Alfaya





Carta resposta de Miriam Ferradáns





Carta resposta  de Fina Casalderrey

Tócanos facer as cousas ás agachadas, que non se note que estamos, porque somos invisbles como o ar. O que non saben, ou non pensan, é que o ar se coa en todos os recantos precisamente porque non se ve. Así facemos nosoutras."

Eva Mejuto "Memoria do silencio" (Editorial Xerais)