luns, 5 de outubro de 2020

PRESENTACIÓN LIBRO "VAMPIRA DE BIBLIOTECA"

 O alumnado de 4º de educación primaria, presentou o libro que van  compartir este trimestre, Vampira de Biblioteca, de Ledicia Costas. A vampira Eleonora dirixe unha comunidade de morcegos que protexen os libros da biblioteca da Universidade de Coímbra, comendo aos bechos que os devoran e estropean. Este curso vai de SuperArte e o libro é toda unha homenaxe á literatura, unha das artes que máis fan gozar a Torriño. 

Como vedes, tivemos que descalzarnos. Foi unha parte da proba que nos pediu a vampira para que demostráramos que confiamos nela para poder seguir lendo. Tivemos que pechar os ollos e repetir moitas veces en voz alta: “Creo en ti, creo en ti, creo en ti!” E falamos tamén dos nosos medos. Así, ata que estabamos listos para somerxernos nesta aventura.

Seguiremos informando das aventuras de Eleonora… e das nosas!