O día das escritoras é unha iniciativa promovida pola biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
A data elixida este ano é o luns 19 de outubro baixo o lema " O esforzo cotián das mulleres"
Desde a nosa biblioteca tentaremos visualizar a obra das escritoras galegas.
"Tócanos facer as cousas ás agachadas, que non se note que estamos, porque somos invisibles como o ar. O que non saben, ou non pensan, é que o ar se coa en todos os recantos precisamente poque non se ve. Así facemos nosoutras."
Eva Mejuto "Memoria do silencio" (Editorial Xerais)
"Dixo a mestra que estaba soa no complexo escolar e que eu medraba moito para a ida-
de que tiña. Logo foi ao que tiña que ir que xa era hora con tanto arrodeo xa estaba-
mos que ardiamos, pero era tímida, notábaselle moito.
Dixo que despois das clases ía preparar un fato de rapazas para o ingreso porque estaba
soa, tiña tempo abondo, quería que fose eu “María Briz é moi intelixente, María Briz
debe estudiar, porque escribe que é un primor”.
Aínda lembro a ledicia que collín coa visita da señorita Márgara, estaba pero moi satis-
feita, coma se alguén me animase a voar arrepuxándome."
Xohana Torres. Adiós María. Editorial Galaxia
E moito máis no blogue da biblio "A TORRE DAS PALABRAS".
Desde este equipo, presentamos unha pequena escolma que sirva para motivar e convidar a buscar e investigar sobre estas mulleres que nos enfeitizan coas suas verbas.