sábado, 24 de outubro de 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

É o primeiro ano que o celebramos coa nova biblioteca e non quixemos deixar pasar a oportunidade de facer un conto entre tod@s os nenos e nenas da escola, que a súa vez encaixa dentro do lema deste curso das bibliotecas escolares: XEOGRAFÍAS LECTORAS. 

Torriño, o guardián das palabras nos ensina cada un dos espacios da nosa biblioteca. 

Un soño feito realidade!


Pasamos pola biblioteca para ver o produto final do conto, ver unha presentación sobre a mesma e deixar as nosas suxestións sobre contos e melloras no buzón de Torriño.

Aquí vos deixamos a nosa produción


Non podemos deixar a ocasión para agradecer a cada un dos que nos axudastes a conseguilo: a direción xeral de centros, a asesorías de bibliotecas, ao equipo de biblioteca do cole e profes colaboradores, ao equipo directivo do centro,  aos pais e nais que nos axudaron na montaxe da caixa de luz, Javier (pai de Pedro 3º), José e Sergio ( pais de Cesáreo e Helga de 5º), e, pola decoración  artística, a Mary e Luís Davila ( pais de Roi 4º e Lola 1º)

MOITÍSIMAS GRAZAS!!