Rematamos un curso de lembranzas, recordos de momentos inesquecibles, centos de fotos... e por suposto o noso festival fin de curso, este ano a tope coa celebración a través de coreografías e cancións que nos fixeron viaxar no tempo.
DINAMIZACIÓN DAS LINGUAS
Un blog ideado para mostrar agarimo e perpetuidade á nosa lingua, e a todas as linguas que nos rodean convivindo día a día con nós, e que supoñen unha inmensa riqueza cultural.
luns, 27 de xuño de 2022
VERBENA 50 ANOS
Rematamos un curso de lembranzas, recordos de momentos inesquecibles, centos de fotos... e por suposto o noso festival fin de curso, este ano a tope coa celebración a través de coreografías e cancións que nos fixeron viaxar no tempo.
sábado, 25 de xuño de 2022
OBRADOIRO DE VIMBIOS
Non podiamos dar por rematado sen compartir unha das actividades de final de curso que máis éxito tivo: "Obradoiro de peixiños de vimbio", organizado por este equipo de dinamización e continuando coas actividades de transmisión da nosa cultura popular. Non hai tanto que na nosa contorna se facían cestos, bolsos...de vimbios.
O obradoiro foi impartido o xoves 16 pola artesá Julia la parabólica e esperamos tela con nós no vindeiro curso.
xoves, 23 de xuño de 2022
CONSELLOS DE VERÁN
E xa rematou o curso!!! Despois dun ano cheo de inquedanzas, de experiencias , de aprendizaxes diarias... por fin chegamos a este verán tan desexado e preparado para recargar as pilas e afrontar outro ano que non sabemos o que nos vai deparar.
Polo de pronto aproveitaremos para disfrutar de lecturas e xogos en familia que seguro nos farán pasar un rato moi agradable cheo de sorrisos e das apertas que tanto precisamos.
Ánimo a todos e todas e FELICES VACACIÓNS!!
DIA DO ACOSO ESCOLAR
Ainda que xa pasou máis de un mes, non podemos deixar de subir este fermoso e ilustrativo video onde mostramos os cartaces que se fixeron para poñer nos corredores cheo de frases que xurdiron no consello escolar infantil.
Formativo e ilustrativo que non deixaremos de poñer en práctica.
venres, 17 de xuño de 2022
VISITA PROFE AMI
Recibimos a visita da sobriña de Dona Amalia , unha das primeiras profes do noso cole. Foi unha loitadora nun mundo de homes e loitou moito para ser mestra. Como di a foto, Dana Amalia foi mestra desde o ano 1954, primeiro impartindo docencia en varias unitarias.
Moitos dos avós e avoas que temos hoxe en día , aínda se lembran con agarimo do bo facer desta mestra.
Vaia influencer!!!!
VISITA HEMATOCRITO
Os nenos e nenas dos primeiros cursos de primaria disfrutaron da visita dun dos autores que máis está gustando por estes lares. Agasallounos coa súa simpatía e creatividade e quedamos con ganas de máis, así que esperamos telo moi pronto con nós...!
martes, 7 de xuño de 2022
CORRELINGUA NO MORRAZO
Rematando o mes de maio, mes das letras galegas, os nenos e nenas de educación infantil participamos no Correlingua deste ano, celebrado no auditorio de Cangas.
Durante todo o mes estivemos a coñecer e aprender canción do artista convidado Pablo Díaz e a banda Tic Tac Toc. Pasamolo de maravilla e cancións como "Queremos galego", "Piratas", Tic tac o reloxo ", ou "Polo san Xoán", fixeron as delicias e, porque non, o delirio da cativada presente.