venres, 25 de febreiro de 2022

SEMANA ENTROIDEIRA (lV)

 Queda para as nosas lembranzas unha semana enteira de disfraces, música, "mandados", poesía, gastronomía, investigación, contextos temáticos... Un non parar con actividades relacionadas co entroido. 

Desde o luns co "mandado" de pixama e bata, ata o venres día de "bascalleiros", onde todos e todas viñemos coas mellores galas que atopamos no faiado das nosas casas. Velaí vai un pequeno resumo desta semaniña inesquecible... 

"Pixama, zapatillas e bata... como de andar por casa"

 "Seguindo o calendario...celebramos o noso aniversario"


Por Rosalia... pensamentos e máis flores todo o día"

"O xoves desta semana...ven como che dea a gana"

"No último día festeiro... todos de bascalleiro"


















E chegou o venres de entroido!!
A murga "Os mulos" visitáronnos este día para contarnos como foi a súa creación, cantos anos levaban xuntos, cómo compoñen as cancións e por suposto... cantaron un feixe delas: humorísticas, críticas...
a continuación desfilamos todo-los curso e degustamos comida típica de entroido!!!
unha xornada fantástica: todos xuntos no patio (coas medidas pertinentes) e disfrutando dun tempo metereolóxico fantástico!!














E finalizamos cunha adaptación  de "Terra" das Tanxugueiras, que XA  estiveron  DE VISITA NO NOSO COLE!

 E AGORA A SEGUIR DESFRUTANDO!!
VÉMONOS O XOVES!!

xoves, 24 de febreiro de 2022

ENTROIDO NA CONTORNA

 E DESPOIS DA ESCOLA ... A SEGUIR ENTROIDANDO

CONVIDADOS ESTAMOS  TODOS ESTES DÍAS DE TROULA 

A DESFRUTAR POLA  NOSA CONTORNA!!

VÉMONOS!!





ENTROIDO (lll) BASCALLEIROS

 Os maiores do cole explícannos como temos que vir este venres de entroido!!














mércores, 23 de febreiro de 2022

CHEGOU O DÍA...O DÍA DE ROSALÍA (II)

 Baixo o mandado de Torriño a comunidade educativa do cole entrou no centro che de  flores, de morriña, de soidade, de lembranzas... Graciñas a todos e todas por participar neste día , o día do nacemento de Rosalía. Nas aulas estivo Ledicia Costas cunha mensaxe fantástica , visionamos a montaxe dos nenos e  nenas de 4 anos sobre o poema "Adiós ríos adiós fontes", rematamos as obras artísticas e creativas sobre Rosalía, sementamos pensamentos tamén con papel e pintura... un sinfín de actividades completadas polo recitado de poemas e música na entrada e saída do centro.












martes, 22 de febreiro de 2022

DÍA DE ROSALÍA (I)

    E XA ESTAMOS NELA 
    23 de Febreiro "Día de Rosalía de Castro" , toda a comunidade educactiva implicada en homenaxear a esta ilustre, querida, respetada e  gran "influencer" da nosa lingua galega. 
Participando nas propostas de AELG "Sementando pensamentos", e coa colaboración de Voz Natura todo o centro plantou estas fermosas flores que agora embelecen a nosa escola.











E ampliamos a proposta  inventando poemas a partires de versos escollidos do poemario de Rosalía! Aproveitamos a nosa semana entroideira para que Torriño nos mande unha consigna moi especial para este día 23 :  
"POLO DÍA DE ROSALÍA ... PENSAMENTOS E MÁIS FLORES TODO O DÍA"


 "Cando penso que te fuches
non aguanto esa dor
recordo a túa mirada
recordo o teu amor
recordo cada día aquela nosa ilusión"

"Campana de Bastabales
cando vos oío tocar
o entroido está xa a chegar
cando vos oío tocar
póñome pronto a bailar"
"Quixente tanto meniña
como unha estrea ao brilar
quíxente tanto meniña
só cos teus ollos mirar
quíxente de aquí ata o mar"







 



Os maiores de 2º de primaria, realizaron  unha grandiosa investigación en equipo dentro do contexto lingüístico  facendo unha liña do tempo sobre a súa vida.



Os nenos e nenas de 5º de educación infantil (4 anos), nos presentaron esta maravilla  audiovisual!!! e unha fantástica recitación do poema de Rosalía "Adiós ríos, adiós fontes" en Radio Faladoiro



UN GRAN TRABALLO EN EQUIPOOOOOOOO
MOITAS GRAZASSSS