xoves, 27 de febreiro de 2020

iNVESTIGANDO O ENTROIDO

No contexto lingüístico os alumn@s DE 3º E 4º fixeron unha pequena investigación sobre diferentes disfraces do Entroido. Despois elaboraron murais nos que reflexaron todo o que descubriron dos Peliqueiros, Xenerais da Ulla, Pantallas e Cigarróns.
Bo traballo rapaces!!!

   


CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA


La imagen puede contener: 4 personas, personas de pie

Hoxe 27 de febreiro aínda que  non é o día oficial, celebramos o nacemento desta superheroína con variadas actividades desenvoltas na biblioteca do cole. Os nenos e nenas de primeiro e segundo fixeron unha presentación e recitado de poemas, para pasar a pequenas montaxes fantásticas feitas no contexto lingüístico utilizando poemas de Rosalía. A continuación recibimos a visita do cantante e compositor Marcelo Dobode quen nos deleitou con cantigas do seu novo traballo TUROQUIA, entre elas unha versión de "Adiós ríos, adiós fontes". Conversamos, cantamos, tocamos a pandereta e ata lle fixemos un pequeno agasallo cantado polos nenos e nenas de terceiro e cuarto de primaria que versionaron cantigas do seu traballo. Moitas graza por estar con nós e compartir anaquiños de tradición e folclore.



La imagen puede contener: una persona, interior


La imagen puede contener: 2 personas


E MÁIS COUSIÑAS....

Decoramos xanelas ...













Un traballo creativo estupendo! Grazas nenos , nenas e familias por participar e engalanar aínda máis o noso cole!

Non esquezades disfrutar de este fermoso traballo do alumnado de 1º e 2º dentro do contexto lingüístico e lingua galega.












E máis...

sábado, 22 de febreiro de 2020

DESFILE ENTROIDO

E chegou o día grande! Este venres celebramo-lo entroido cun desfile fantástico cheo se ecoheroes de toda-las galaxias: protectores de animais (utilizando cores de superheroes), protectores da flora , dos océanos e dos mares, loitando continuamente contra o plástico e outros detractores da natureza. Foi un día maravilloso onde as familias compartiron unha merendola entroideira e bailaron ao son da música de Paco Nogueiras, Carliños Brown, e outros... Para rematar a ANPA do cole está a preparar a participación do noso cole para o desfile do concello ... Grazas  por seguir entroidando con nós e compartir estes momentos!

La imagen puede contener: una o varias personas y exteriorLa imagen puede contener: 19 personas, exterior La imagen puede contener: una o varias personas y personas de pie  La imagen puede contener: 9 personas, personas de pie y exteriorLa imagen puede contener: una o varias personas, personas sentadas y niño(a)  La imagen puede contener: 3 personas, exterior  La imagen puede contener: 6 personas, personas de pie y exterior

xoves, 20 de febreiro de 2020

VISITA DE MADAMAS E GALANS DE COBRES

Seguindo coa semana entroideira organizada por EDLG, hoxe xoves visitáronnos ao centro membros a Asociación Cultural Entroido de Cobres. Con eles aprendemos a diferenciar entre traxe e disfrace, cómo se confeccionaban estes traxes dende hai séculos cosidos a man e  sentimos en nós mesm@s o peso dos sembreiros e as dificuldades para danzar con eles...Foi unha visita do máis didáctica e festeira...MOITAS GRAZAS POR VIR!!






REMANTANDO A SEMANA ENTROIDEIRA

A piques de rematar esta semana rebuldeira, onde pixamas, rosalías e bascalleiros de Cela,  foron invadindo as aulas do  noso cole, E ESPERANDO O NOSO DESFILE E MERENDOLA DO VENRES, velaeiquí un breve resumo fotográfico destes días festeiros. 
MOITÍSIMAS GRAZAS  AS FAMILIAS, PROFES POR PARTICIPAR E DARLLE UNHA COR DIFERENTE A ESTES DÍAS !!!

MARTES: "levantad@ da cama, ven ao cole en bata e pixama"




Mércores:"Rosalía e poesía...dálle a cabeciña!









Xoves: "Non veñas de peliqueiro, busca no faiado e convírtete en bascalleiro"