domingo, 31 de maio de 2020

DIA DO MEDIO AMBIENTE E DIA DOS OCEANOS (PARTE 1)


OLAA!
Dende os equipos de Dinamización, Biblioteca e Voz Natura, queremos conmemorar o Día do Medio Ambiente (5 de Xuño) e o Día dos Océanos (8 de Xuño). Para comezar convidámosvos a facer estes eco-retos sen esquecer marcar no voso calendario de casa o día co reto superado.




Ademáis , convidámosvos a ver con tranquilidade e conciencia estas imaxes animadas onde nos invitan a facer unha parada e reflexionar sobre o que estamos a facer co noso planeta.
Atopamos un conto maravilloso e traducido en varios idiomas que podedes atopar en Intered, así como tamén recordar un corto  visto no cole e moi ilustrativo titulado LEMON.

E vos? cómo podedes axudar a coidar o nosos oceános e a contorna que nos rodea? Expresádeo con todos os vosos superpoderes en acción na plantilla que tedes abaixo!!
Tamén podedes pintar e   completar  estas láminas que poden servir para decorar o voso cuarto mentras escoitades esta canción de Pablo Díaz "Ecoloxista"















CÓMICS ALUMNADO DO COLE

Nenos e nenas do cole crearon os seus cómics conmemorando o Día do cómic que se celebrou o 11 de Maio. Un super traballo!! 
Parabéns para todos e todas!!
Grazas por participar 😀






















xoves, 28 de maio de 2020

RADIO FALADOIRO

Olaa!
Desde Radio faladoiro compartimos a participación do alumnado do cole na proposta "Música ao vivo" e "Rede Espora", para dar a coñecer á rapazada grupos de música galegos que se presentan aos premios Martín Códax. Este ano enfocado a dar luz ao papel das mulleres na música galega.







E temos resposta do grupo De Vacas apoiando o traballo realizado polo alumnado. Moitas grazas!!!! estamos encantados de contar con vós e esperamos disfrutarnos pronto"

mércores, 27 de maio de 2020

HISTORIAS INVENTADAS...

Os nenos e nenas de 3º de primaria participaron na proposta feita desde a biblioteca polo día do libro. A súa imaxinacién e interese non ten límites. Moitas grazas por participar e facelo tan ben!








luns, 25 de maio de 2020

LIBROS EN MOVEMENTO

Ola rapaces!!!

Aínda que non estamos en Abril, mes dos libros, a nosa biblioteca segue investigando e informando sobre os libros. Imos aprender  a facer un Flip-Book ou libro en movemento. Polo que deixámosvos un vídeo que compartiu o Salón do Libro virtual. Se vos animades a facer un, non dudedes en mandalo a torredaspalabras@gmail.com.
Unha aperta para tod@s!!!

venres, 22 de maio de 2020

ACTIVIDADE LETRAS GALEGAS 2020

Olaaa!
Continuamos recibindo os vosos traballos relacionados do Día das Letras Galegas! Esta vez foron os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria os que nos contan cal é o lugar onde se atopan felices e libres. Moitísimas grazas por participar e compartir eses momentos e lugares máxicos onde vos sentides tan a gusto.
Unha enorme aperta!!