martes, 26 de novembro de 2019

AS LINGUAS DA PSICOMOTRICIDADE



    Este curso 2019/20, ábrese no noso centro unha nova porta cara a aprendizaxe das linguas: o programa Plurinfantil. Os nenos e nenas de Educación Infantil, ademáis de disfrutar das experiencias motrices dos xogos nas clases de Psicomotricidade, melloran a súa competencia nunha das linguas extranxeiras que se traballan no noso centro: o inglés.
As clases de Educación Física, cos cursos de Primeiro e Segundo de Primaria seguen a mesma liña, dentro do Proxecto de Plurilingüismo en Primaria, xa implantado en anos anteriores.
Para acadar os obxectivos destes programas, a presenza de Katy, a nosa auxiliar de conversa é fundamental.




25 DE NOVEMBRO

    Onte, 25 N día contra a violencia machista, compartimos aprendizaxes que estivemos traballando nas clases. Tendo en conta ao superheroe Hulk (cheo de forza e polo tando con autocontrol)  falamos, comentamos e fixemos unha chea de actividades para decir: BASTA XA e  non facer uso nunca da violencia.
 Os maiores profundizaron neste tema no CONTEXTO LINGÜÍSTICO a través de
catro recantos que traballaron de xeito práctico e grupal, nas áreas de lingua galega e castelá, as competencias mediante un enfoque comunicativo e creativo:
1. Informativo: comprensión lectora, busca e tratamento da información en diferentes soportes
2. Faladoiro: expresión oral elaborando programas de para radio, video, entrevistas, anuncios e teatro.
3. Ed.literaria: lectura e realización de distintos proxectos onde o alumnado ten que contar ou cambiar lendas, cancións, poemas, obras…
4. Creativo: crear, contar e escribir contos, cancións, poemas, banda deseñada, notas e cartas en diferentes formatos.
Dentro deste  contexto aproveitamos para traballar actividades propostas por biblioteca e Dinamización da língua para celebrar conmemoracións.
Hoxe desfrutamos todos de parte do traballo realizado :  raps creados e grabados polo alumnado con letras contra a violencia machista e tamén obras de títeres onde os contos tradicionais cambiaron a súa forma para ter unha linguaxe máis igualitaria.
💜nin unha menos💜

Velaí vai un resumo das actividades, agradecendo o traballo e a colaboración dos profes implicados e preocupados e transmitir esta mensaxe.Maiores e pequenos implicados en obradiros, contacontos,cantigas e xogos.
    La imagen puede contener: una o varias personas, personas sentadas e interiorLa imagen puede contener: 15 personas, personas sonriendo, multitud     
Algúns dos carteis e raps feitos por 5º e 6º de primaria.



 
    
 

domingo, 17 de novembro de 2019

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Un ano máis comprometémonos a dar a coñecer curiosidades, información, experimentos ...que atrapan o interés e supoñen unha motivación máis para o noso alumnado.
Relacionamos este mes co científico Bruce Banner, coñecido como Hulk, investigaremos como se creou e como debía autocontrolar o seu poder, igual ca nós cando nos enfadamos;-)
Disfrutaremos de experimentos feitos por profes, alumnado e familias.
 Para comezar, presentamos unha mini escolma de cientificas galegas  na actualidade.

Mabel Loza, doctora en Farmacia e catedrática de Farmacología en la Universidad de Santiago de Compostela, foi galardoada con el Premio María Josefa Wonenburger Planells 2019.
Coordinadora do grupo de investigación BioFarma, Loza é autora de cento sesenta e un artigos publicados en recoñecidas revistas, asistiu ao redor de duascentas comunicacións e  congresos sobre farmacoloxía, química medicinal e neurociencia e é directora de vinteduas tesis doctorais. 
Alicia Estévez Toranzo (Pontevedra, 20 de novembro de 1955), catedrática de Microbioloxía e directora do Grupo de Patoloxía en Acuicultura da Universidad de Santiago de Compostela, é  promotora dunha decena de patentes de vacunas que preveñen enfermidades en pescados de consumo diario. 

Begoña Vila Costas (Vigo, 1963) é unha astrofísica viguesa especializada no estudio de galaxias espirais. Actualmente reside en Washington DC, onde lidera un equipo comosto por máis de mil persoas, e é unha das principais responsables do telescopio espacial James Webb,l que seráol substituto do Hubble. Esta  astrofísica galega, suma un novo recoñecemento a súa carreira profesional: o premio Wonenburger, que destaca a súa excelente labor científica. 


     

luns, 11 de novembro de 2019

VERBAS CON SUPERPODERES

O proxecto deste curso vai de superheroes, superheroínas e sobre os poderes que estos poseen. Recoñeceremos tamén os  que temos cada un dentro de nós. A través de diferentes lecturas, debuxos, xogos, cantigas...descubriremos cales son os  poderes de cada personaxe escollido pola súa forza, valor, empatía, optimismo, xenerosidade...e daremos conta do poder que temos dentro de nós mesmos.
Dentro das aulas, comézase a ler contos como "Super Sam", "Max e os superheores", "O gran libro dos superpoderes"... e a escoitar a canción "somos os superheroes" de Maria Fumaça. Superpoderes en acción!!!

 



CONSELLO ESCOLAR INFANTIL

Esta semana fixemos o primeiro consello escolar do curso. Os representantes de cada aula comentaron as ideas xurdidas na sua aula respecto a cómo querían que fose a biblioteca do cole. Aportaron moitísimas ideas das que se tomaron nota e coas que intentaremos facer a nosa SUPERBIBLIOTECA!





Os nenos e nenas de 5º de educación infantil visitaron o espacio destinado a nova biblioteca e alí mesmo debuxaron as súas ideas: teatro, títeres, paredes de cores, bonecas, circuitos, maxia...



martes, 5 de novembro de 2019

SAMAGOSTO 2019

E por fin chegou o dia! despois de traballar a reo nas aulas e nas casas, poidemos disfrutar dun día fantástico cheo de xogos, maquillaxe, apócemas malcheirentas, contos terroríficos, exposicións de cabazas heroicas e rematar cun sabroso magosto cheo de castañas, pan con chourizo e unha chea de xogos populares acompañados dos maiores do lugar. Unha xornada moi completiña!!

        

Ademáis os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria, dentro do contexto lingüístico nos deixaron estes  programas de radio escalofriantes!!!