xoves, 19 de decembro de 2019

POSTAIS DE NADAL

Como queda pouco para Nadal, os nosos alumn@s elaboraron "superpostais" para desexar a outros nen@s do colexio unhas Felices Festas. Algunhas delas levan mensaxes con superpoderes. Agora a esperar a chegada destas postais ás casas.
Bo traballo rapaces!!!


    

OBRADOIROS DE NADAL

Durante estes días previos ao Nadal a nosa biblio estivo chea de contos, manualidades e ricas madalenas e galletas. Todo grazas as familias que nos axudaron a levar a cabo obradoiros.
No obradoiro de cociña, os máis pequenos fixeron madalenas, galletas e as decoraron. Rico, rico!!!

 




 






domingo, 15 de decembro de 2019

CONTEXTO LINGÜÍSTICO

Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria dentro do contexto lingüístico realizaron unhas fantásticas actividades relacionadas co proxecto de centro e o Nadal: postais, recetas,adornos...
Gran traballo rapaces!!





LECTURAS RECOMENDADAS PARA NADAL

Desde o noso cole convidamos a ter en conta estas recomendacións lectoras relacionadas co nso proxecto de centro "I¨ve got de Power". Xa que estamos un centro plurilingüe , e como fixeramos nas recomendacións de Samaín, convidamos a disfrutar das lecturas en galego, francés, inglés e castelán.
Boa lectura a tod@s!

AMAR O MAR

O noso centro foi seleccionado para participar no Proxecto de Educación Ambiental e ciencia cidadá: "Amar o mar. Ría de Pontevedra sen plásticos". 
Os alumn@s de 5º e 6º de Primaria recibiron unha charla sobre a importancia das praias como ecosistemas mixtos e os perigos que sufren pola urbanización, destrución de dunas e, sobre todo, contaminación.
Baixaron á praia de Agrelo e recolleron plásticos e rexistraron datos nunha táboa que despois subiron a web. Os datos recollidos foron:
1 hora = 11 kg de plásticos. Os expertos dixeron que é a praia más limpa da zona
Para rematar a xornada, no colexio contáronlle aos máis cativos a súa experiencia.
Viva os nosos ecoheroes. I´ve got the power!!!

  

FORMACIÓN RADIO

Este venres13,grazas Radio na Biblio, os alumn@s de 5º e 6º de Primaria recibiron formación impartida por Loreto Silvoso de Radio Voz. Fixeron exercicios de calentamento, vocalización e improvisación. Tamén explicoulles anécdotas e como é o traballo dun reporteiro.  Foi unha sesión moi interesante!!!

No blogde biblioteca "A torre das palabras" poderedes atopar un video sobre esta formación.

MALETA CFR

No mes de novembro tivemos unha maleta do CFR: "Esero. Kit para el aula. Del espacio al aula". Os alumn@s de 3º e 4º de Primaria traballaron con ela no Contexto Lingüístico, no recanto "Experimentamos". Realizaron dúas experiencias: 
- Construir un cricuíto eléctrico comprobando se acende a bombilla (condutor) ou non (illante)
- Aproximar un imán a diferentes materiais e comprobar se existe atracción ou se repelen.

  

luns, 2 de decembro de 2019

MÁIS SOBRE O APALPADOR

Introducción 






E outra cantiga versión karaoke do grupo Malvela...



E continuamos cunha maravillosa escolma de actividades sobre esta personaxe tradicional feita e compartida polo CEP de Ventín.

Preme nas imaxes para acceder aos recursos sobre a figura do Apalpador.
Recursos elaborados no centro:
 Xogo de preguntas sobre o Apalpador
Recursos atopados na rede:
   Sitio web do Apalpador
  Conto " O Apalpador" de Xoán G.
  Conto "Antón e o Apalpador"
  Conto con pictogramas
  LIM "A noite do Apalpador"

  LIM "O Apalpador no Barbanza"
  LIM do CEIP Outeiro das Penas
  Unidade didáctica con fichas para colorear, monicreques
  Kamishibai sobre a lenda do Apalpador do Ceip Nosa Sra. de Xuvencos.
Tamén en video na seguinte dirección:
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=1P0JI5zIgz4

domingo, 1 de decembro de 2019

PRESENTANDO O APALPADOR

Comezando o Nadal!!!!









REMATE MES DA CIENCIA EN GALEGO

Continuando e remantando co mes da ciencia en galego, esta semana pasada realizamos os últimos experimentos científicos na biblioteca. Un mes fantásticO onde se despertaron curiosidades e moitas ganas de seguir investigando e experimentando. Grazas a tódol@s implicad@s, nen@s e maiores. Desta vez, fixéronse burbullas hexagonais, globos inflados con polvos picantes e bebida gaseosa e explosións  volcánicas con gaseosa e mentos.

   

GUÍA DE LECTURAS DOS EDLG DO MORRAZO


A coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüísta do Morrazo, preséntanos unha fantástica guía de lecturas  de diferentes estilos e para tódalas idades, presentando unha chea de novidades editoriais. Un gran traballo para fomentar a lectura e a música galega entre toda a comunidade educativa. 
Moitas Grazas e boa lectura para tod@s!


 

martes, 26 de novembro de 2019

AS LINGUAS DA PSICOMOTRICIDADE



    Este curso 2019/20, ábrese no noso centro unha nova porta cara a aprendizaxe das linguas: o programa Plurinfantil. Os nenos e nenas de Educación Infantil, ademáis de disfrutar das experiencias motrices dos xogos nas clases de Psicomotricidade, melloran a súa competencia nunha das linguas extranxeiras que se traballan no noso centro: o inglés.
As clases de Educación Física, cos cursos de Primeiro e Segundo de Primaria seguen a mesma liña, dentro do Proxecto de Plurilingüismo en Primaria, xa implantado en anos anteriores.
Para acadar os obxectivos destes programas, a presenza de Katy, a nosa auxiliar de conversa é fundamental.




25 DE NOVEMBRO

    Onte, 25 N día contra a violencia machista, compartimos aprendizaxes que estivemos traballando nas clases. Tendo en conta ao superheroe Hulk (cheo de forza e polo tando con autocontrol)  falamos, comentamos e fixemos unha chea de actividades para decir: BASTA XA e  non facer uso nunca da violencia.
 Os maiores profundizaron neste tema no CONTEXTO LINGÜÍSTICO a través de
catro recantos que traballaron de xeito práctico e grupal, nas áreas de lingua galega e castelá, as competencias mediante un enfoque comunicativo e creativo:
1. Informativo: comprensión lectora, busca e tratamento da información en diferentes soportes
2. Faladoiro: expresión oral elaborando programas de para radio, video, entrevistas, anuncios e teatro.
3. Ed.literaria: lectura e realización de distintos proxectos onde o alumnado ten que contar ou cambiar lendas, cancións, poemas, obras…
4. Creativo: crear, contar e escribir contos, cancións, poemas, banda deseñada, notas e cartas en diferentes formatos.
Dentro deste  contexto aproveitamos para traballar actividades propostas por biblioteca e Dinamización da língua para celebrar conmemoracións.
Hoxe desfrutamos todos de parte do traballo realizado :  raps creados e grabados polo alumnado con letras contra a violencia machista e tamén obras de títeres onde os contos tradicionais cambiaron a súa forma para ter unha linguaxe máis igualitaria.
💜nin unha menos💜

Velaí vai un resumo das actividades, agradecendo o traballo e a colaboración dos profes implicados e preocupados e transmitir esta mensaxe.Maiores e pequenos implicados en obradiros, contacontos,cantigas e xogos.
    La imagen puede contener: una o varias personas, personas sentadas e interiorLa imagen puede contener: 15 personas, personas sonriendo, multitud     
Algúns dos carteis e raps feitos por 5º e 6º de primaria.