ESTE MES DE ABRIL CELEBRAMOS O MES DOS LIBROS DESTACANDO A IMPORTANCIA DA LITERATURA DENTRO DO NOSO PROXECTO DE CENTRO "SUPER-ARTE" . MAIORES E PEQUENOS PARTICIPAMOS NAS ACTIVIDADES QUE SE PROPOÑEN NA BIBLIOTECA E NOS CONTEXTOS E RECANTOS . DESDE MARCAPÁXINAS, CONTOS TRADUCIDOS (COMO FACIA XELA ARIAS- HOMENAXEADA LETRAS GALEGAS), PODCAST, "APADRIÑAMENTO LECTOR" DENTRO DE CADA AULA E EN TÓDOLOS ESPACIOS QUE NOS RODEAN, BOOKTOUBERS, EXPRESIÓN ARTISTICA " EXPRES-ARTE", E NO PATIO LIBRO... E UN BONITO AGASALLLO PARA SEGUIR CREANDO E ESCRIBINDO OS NOSOS MUNDOS, INQUEDANZAS E ILUSIÓNS!
DINAMIZACIÓN DAS LINGUAS
Un blog ideado para mostrar agarimo e perpetuidade á nosa lingua, e a todas as linguas que nos rodean convivindo día a día con nós, e que supoñen unha inmensa riqueza cultural.
xoves, 22 de abril de 2021
xoves, 15 de abril de 2021
DIA MUNDIAL DA ARTE
Hoxe 15 de Abril celebramos o Día Mundial da Arte e nas diferentes aulas conmemorámolo de diversas maneiras artísticas . En infantil e primeiro ciclo de primaria, averigüamos porque se celebra este día e investigamos quen foi o gran xenio Leonardo da Vinci. Desta maneira, ademáis da súa biografía, descubrimos as súas obras máis coñecidas e demos o noso toque persoal.
Velaquí vai unha pequena mostra da nosa enorme arte creativa: Giocondas actualizadas, máquinas, música,...
E aproveitando este día da arte, recibimos a visita da actriz e contadora Sabela Gago, que nos deixou en infantil unha pegada de maxia e fantasía contando a historia do pequeno Martín que non sabía o que quería de agasallo, e que finalmente descubriu que o que máis ilusión lle ía a facer era ...UN LÁPIZ! Que casualidade!! Igual que á nosa homenaxeada das letras de este ano Xela Arias, que sempre andaba cun lápiz e un caderno escribindo e debuxando todo o que lle chamaba a atención, tamén os seus pensamentos e fantasías.
UNHA XORNADA MOI ARTÍSTICA!!!
LEDICIA COSTAS CON NOS
Unha das nosas escritoras favoritas é Ledicia Costas, e o alumnado de primaria tiveron ocasión compartir o día 8 de Abril e da man da editorial Xerais, unhas verbas con ela de xeito virtual. Ainda que non hai como o presencial, os comentarios da rapazada e dela mesma non puideron ser mellores. Toda unha experiencia onde non faltaron todo tipo de preguntas e curiosidades. Moitas grazas!!!
E velaquí un resumo feito por Alba , alumna de sexto que resume coas súas verbas este encontro virtual.
Ledicia Costas Álvarez, é unha escritora galega, naceu en Vigo o 19 de setembro de 1979, empezou a escribir con 8 ou 9 anos e leva sendo escritora 30 anos. Ledicia estudou dereito, pero despois de traballar uns anos como avogada decidiu deixalo e centrarse completamente na literatura.
Na videochamada do pasado xoves explicounos moitas cousas da súa vida.
Gústalle facer libros de historias de mortos, espíritos, vampiros... Cre que a morte é un tema que debe ser tratado con máis naturalidade e por iso escribe libros nos que se fala dos mortos de xeito cómico.
Tamén gústalle moito ler, escribir o chocolate e xogar a Nintendo, iso axudoulle moito na corentena.
O libro que máis lle custou escribir foi "Un animal chamado néboa" un libro da segunda guerra mundial no que tivo que estar documentándose moitísimo tempo.
Tamén nos contou que o seu libro favorito é Drácula.
Ela escribe polas noites e as fins de semana. Concéntrase no seu despacho cos seus bonecos preferidos.
O que máis me chamou a atención da videochamada foi que o libro de Escarlatina a cociñeira defuta está tamén traducido en Koreano. Grazas aos premios que recibiu este libro, ela viaxou a outros países e coñeceu a moita xente.
O libro de Escarlatina é o libro que lemos na clase de sexto. Trata sobre un neno chamado Román, quere ser un chef, e polo seu décimo aniversario pídelle aos seus pais un curso de cociña. Neste coñece a Escarlatina, unha nena morta, que xuntos viaxan ao inframundo para preparar un prato que lle guste aos mortos e aos vivos, podendo revivir a Escarlatina.
O libro gustoume moito, pareceume moi divertido, interesante e con
moita intriga.
xoves, 1 de abril de 2021
DÍA DAS ARTES GALEGAS (parte II)
martes, 30 de marzo de 2021
DÍA DAS ARTES GALEGAS
A Real Academia Galega de Belas Artes, decidiu prorrogar as celebracións que o ano pasado non se celebraron por mor do Covid-19 no Día das Artes Galegas, , nesta ocasión adicado ao arquitecto Domingo de Andrade. Aínda que a maior parte da súa obra podemos vela en Compostela, fora dalí tamén deixou a súa pegada en Lugo e Ourense.
É o gran maestro da arquitectura barroca en Galicia. Sobresae o seu traballo na cidade de Santiago e na súa catedral. A súa gran obra sería a Torre do Reloxo da basílica entre as prazas de As Praterías e A Quintana.O cartel conmemorativo foi realizado polo académico Xosé Díaz Arias de Castro a partir do retrato de Domingo de Andrade obra de Felipe Criado e conservado na Facultade de Xeografía e Historia Compostelá.
sábado, 27 de marzo de 2021
PRESENTACIÓN DOCUMENTAL
O pasado venres 26 de marzo nenos e nenas de 5º e 6º de primaria realizaron unha fantástica e elaborada presentación virtual do seu traballo documental "Bueu: Terra de artistas". E vaia artistas!! desde Miriam Ferradáns, Davila, Marc Taeger, Tino Resille, Arturo Cidrás entre outros... Todos estivemos desfrutando deste momento, maiores e pequenos, e non faltou ninguén!
Un gran traballo que será presentado o vindeiro 1 de Abril coincidindo co Día da Arte galega e ao que estamos todo@s convidad@s.
MOITOS PARABENS E A DISFRUTAR DESTE GRAN TRABALLO !!
SODES MOI SUPERARTISTAS!!
SAIDA POLA CONTORNA DE CELA
O pasado mércores os nenos e nenas de 6º de infantil deron un fermoso paseo pola nosa contorna. Ademais das impresionantes vistas, recoñeceron plantas, sons de paxaros, árbores autóctonos coma o carballo, muíños, e ata dous fermosos cabalos que parecían que os estaban esperando. Desde o cole ata a casa da cultura pasando por camiños e leiras e con un guía de excepción.
Preparando outra!!!