domingo, 23 de xuño de 2019

FESTIVAL FIN DE CURSO


Fantástica a organización e actuación dos nosos nenos e nenas que se entregaron a fondo nos dous pases que fixeron para as familias e para os compañeiros e compañeiras do cole. Con este festival péchase o curso escolar e o noso PDI deste ano "O despertar das sementes" NORABOA polo gran traballo de toda o comunidade educativa implicada dende  os primeiros días de curso!!

Vémonos o ano que vén!!! Boas e merecidas vacacións!!
    
 

AVISO CAMBIO DE DIAS LIBROS DE VERÁN

Pedimos de antemán disculpas polo cambio para coller libros de lectura para o verán. Finalmente serán o mércores 26 e venres 28.
Graciñas

LIBROS PARA O VERÁN

xoves, 13 de xuño de 2019

VISITA A ILLA DE CORTEGADA

Xornada completa na Illa de Cortegada para despedir #odespertardassementes 🌱
Tesouro que pertence ao Parque Nacional das Illas Atlánticas, tamén coñecida coma o Bosque flotante, esta xoia da Ría de Arousa ofreceunos moitas vivencias e aprendizaxes.
Ademáis da súa riqueza vexetal tamén conta con máis de 900 especies de setas.
Cruzamos bosques de piñeiros, cerquiños, carballos... para chegar ao bosque de loureiros máis grande de Europa.
Aprendimos historia, costumes da illa, lendas de carballos comepedras, de bruxos que curaban con plantas medicinais, xogamos, navegamos con chalecos salvavidas e moitas cousas máis que de seguro contaremos na casa!!
Toda unha experiencia para non olvidar!
Grazas a Corticata Turismo Medioambiental por todo!!

 








venres, 7 de xuño de 2019

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN


INVESTIGANDO O NOSO PROXECTO

O alumnado do noso cole está a realizar estes días unha pequena investigación dentro da exposición "O despertar das sementes" e do mural "Espallando Verbas, costumes e tradicións" polo día das Letras Galegas. Así poderán saber máis sobre a horta, os bosques...

     

luns, 3 de xuño de 2019

PRESENTACIÓN PDI "O DESPERTAR DAS SEMENTES"

Os nenos e nenas do cole están a presentar os seus traballos sobre o noso proxecto "O despertar das sementes".
Un gran traballo cheo de descubrimentos e aprendizaxes!!

Aula 5º Educación infantil "A nosa hortiña"


Aula 6º Educación infantil"Unha horta para todos"



Aula 4º Educación infantil "A horta: alimentos e bichiños"


Aulas 1º e 2º de Educación primaria " Os segredos dos bosques"


Aula de 5º Educación primaria (A madeira e ferramentas; incendios)


Aula de 6º Educación primaria (Contaminación e prevención)



Aula de 3º e 4 Educación primaria