domingo, 31 de xaneiro de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E NENA NA CIENCIA (PARTE I)

 NON PERDADES O QUE TEMOS PREPARADO DESDE O CONTEXTO CIENTÍFICO PARA CONMEMORAR ESTE DÍA NO COLE!!!!



DIA DA PAZ (PARTE FINAL)

 O pasado 29 de Xaneiro conmemoramos o día da Paz e Non Violencia.  A través de actividades argalladas polo equipos do cole e relacionadas co PDI de este ano "SUPER-ARTE" (xogo de palabras xurdido  en setembro polo afán de superación da comunidade educativa nestes momentos tan complicados, e que ao mesmo tempo nos convida a coñecer diferentes artes: pintura, escultura, arquitectura...)

Así foi anunciado este día polos nenos e nenas de 4º de primaria na nosa Radio Faladoiro

Ás 11 da mañán abrimos portas e fiestras e rocanroleamos pola Paz, marcando un día con un ritmo alegre cheo de desexos e de artistas pola Paz.


 
 
Elaboramos entre tódalas aulas un fantástico museo da paz cheo de esculturas, cuadros, música , imaxes relacionadas e que en primaria e infantil foron traballadas nos diferentes contextos e obradoiros e, ata un muro, inspirado no de Clara Hunter,  coa palabra paz en diferentes idiomas!! No blogue da biblio poderedes ver un resumo deste maravilloso museo que quedará montado algúns días máis. Aquí deixamos só un par de fotos... ARTE E PAZ

http://torredaspalabras.blogspot.com/








Ademais do museo e do muro plurilingüe, disfrutamos e compartimos en cada aula un chocolate con churros pola paz... Rico rico!!!


Nenos e nenas de quinto de primaria elaboraron un manifesto en contra de todo tipo de violencia e exixindo a herdanza dun mundo democrático, paciente, dialogante, empático...

 UN MUNDO EN PAZ

FORA DO MUSEO DA PAZ, TAMÉN POIDEMOS ATOPAR TRABALLOS FEITOS NOS DIFERENTES CONTEXTOS, COMO OS EXPOSTOS POLOS NENOS E NENAS DE PRIMEIRO E SEGUNDO QUE ADEMÁIS DE INVESTIGAR SOBRE BANSKY E A SÚA ARTE PACIFÍSTA  URBANA, TAMÉN INDAGARON SOBRE MÚSICA, ESCRITORES, ESCULTURAS E OUTROS LOITADORES E LOITADORAS POLA PAZ. GRAZAS POR COMPARTILO!












































venres, 22 de xaneiro de 2021

DIA DA PAZ (PARTE II)

"ABRIMOS AS PORTAS POLA PAZ"

Xa falta menos e desde este equipo de dinamización,  propóñse unha sinxela actividade que pretende dar un pouco de ritmo e alegría a este día sinalado. Abramos fiestras e portas, cantemos e  bailemos a ritmo de rock pola paz e a liberdade. Usemos os nosos superpoderes para facernos notar! Ás 11 da mañán do día 29 escoitarásenos máis alá de Cela,   Bueu,  Ardán... Quen sabe igual ata en Ons!!




mércores, 20 de xaneiro de 2021

DÍA MUNDIAL DA RADIO

 PARTICIPAMOS? 

QUÉ TAL SE APROVEITAMOS UN DOS NOSOS SUPERPODERES DE COMUNICACIÓN PARA TRANSMITIRLLE AO MUNDO O QUE SENTIMOS E VIVIMOS NA NOSA RADIO FALADOIRO?



martes, 19 de xaneiro de 2021

DIA DA PAZ 2021 (PARTE I)

ANO DE NEVES ANO DE BENES! 
Benvidos e benvidas a un novo ano que apenas comezou hai 19 días. Coa esperanza dun mundo mellor sen guerras, sen odios, sen mentiras, sen medo... no cole xa estamos a voltas coa celebración do día da Paz . Dende a biblio estase a organizar un Museo da Paz, onde todo o alumnado participará escribindo esta en diferentes idiomas, ademáis de expoñer obras (musicais, pictóricas, escultóricas... e coñecer artistas que utilizan  os seus  superpoderes para provocar sentimentos de libertade, amor, agarimo, ledicia, calma...
Nas entradas e saídas escoitaremos unha selección , na sua maioría na nosa lingua, de cantigas relacionadas con este día. 
Preparados e preparadas para dar o mellor de nós neste día de conmemoración mundial e inmensa onde non faltará un chocolatiño pola Paz cada grupo na súa aula.
Proximamente máis!!
Aproveitamos para dar as grazas polos recursos que continuamente atopamos nas redes. Fantásticos!