mércores, 28 de febreiro de 2018

AS NOSAS CARTAS DAS EMOCIÓNS




Ola a todos/as!!!

Como xa sabedes durante este mes celebramos no noso cole o mes das emocións. Así que os nosos alumnos/as estiveron moi ocupados escribindo cartas cheas de sentimentos. O resultado foi tan bonito que esas cartas quedarán para sempre gravadas nos nosos corazóns.

Aquí podedes ver o mural con tódalas cartas.





Foi moi complicado decidir cales eran as cartas máis emotivas xa que todas transmitían moitas emocións e sentimentos. Así,  había cartas de agarimo para os avós, para o pai que está embarcado durante meses no mar, para ese amigo/a especial, para a irmá ...


Tras moito cabilar as premiadas son as de Xiana de 5º de E.Primaria e de Antía de 6º de E.Primaria.
Parabéns!!!


Aquí tedes as cartas gañadoras.

                                   


Pero houbo un agasallo para todos/as polo seu esforzo e bo traballo.




 Grazas rapaces por deixarnos achegarnos aos vosos corazóns.













venres, 23 de febreiro de 2018

#AbrideAFiestra

Durante todos estes días estivemos traballando a Rosalía de Castro e a súa obra. Aquí podedes ver algúns dos traballos que fixeron nosos alumnos con moito agarimo e esmero para conmemorar o día de Rosalía de Castro.










E agora mirade que bonitos quedaron nas nosas fiestras coas fotos que fixeron nas súas casas.





   




Pero iso non é todo, aquí podedes ver como gozaron coas lecturas de Rosalía na hora de leer. Seguro que Rosalía quedaría abraiada con estas lecturas.












Agora ben, non todo foi leer, os nosos alumnos tamén recitaron fragmentos das obras de Rosalía. Aquí podedes escoitar aos alumnos de 2º de primaria na nosa radio "Faladoiro".

http://www.ivoox.com/23988846

http://www.ivoox.com/23988871

http://www.ivoox.com/23988884


Parabéns a todos polo voso esforzo e traballo!!!


xoves, 22 de febreiro de 2018

#AbrideAFiestra

Como tódolos anos a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega proponnos conmemorar o Día de Rosalía de Castro, o vindeiro 24 de febreiro. E nós, non queremos deixar pasar esta oportunidade de achegarnos un pouco máis a nosa Rosalía de Castro. Por iso, durante toda esta semana estamos a traballar nas aulas a figura literaria da Autora, escoitamos as súas obras musicadas por diferentes autores e durante a hora de leer contamos cunhas mochilas viaxeiras especiais: agochan no seu interior obras de Rosalía!!!! 






Ademais o alumnado en colaboración coas familias está preparando uns carteis coa imaxe de Rosalía acompañada duns versos da súa obra escollidos polos nenos/as. O día 24 de febreiro  colocaremos nas nosas fiestras estes carteis para amosar ao mundo a nosa Rosalía. Estes carteis irán acompañados das fotos aportadas polas familias onde aparezan os nenos/as acompañados ou non das súas familias preferentemente persoas maiores. 

Agardamos con impaciencia eses traballos!! 

E de antemán grazas familias pola vosa valiosa colaboración. 

domingo, 18 de febreiro de 2018

FEBREIRO: MES DAS EMOCIÓNS

Durante todo este mes queremos destacar a importancia que teñen as emocións nas nosas vidas e sobretodo darlle aos nosos alumnos a oportunidade de expresalas. Aquí podedes ver a nosa proposta en colaboración co equipo da Biblioteca.

Non perdades esta oportunidade de expresar e compartir os vosos sentimentos e emocións. 

venres, 16 de febreiro de 2018

O ENTROIDO NA TORRE-CELA

Que alegría chegou o Entroido ao Torre-Cela!!! E Torriño non o quixo perder.  Aquí podedes ver as consignas que nos propuxo para estes días.

No hay texto alternativo automático disponible.


Durante toda a semana de Entroido os nosos alumnos estiveron elaborando os seus disfraces relacionados co proxecto "Desenterrando os nosos tesouros". Que artistas están feitos.
Os nenos/as de infantil convertéronse en "Trasnos"  (seres mitolóxicos que seica  vivían nos nosos bosques e aos que lles gustaba facer trasnadas). Moito coidado se vós atopades con eles.






Os alumnos de 1º de 2º de Primaria foron de "Tesouros do Mar" (mariñeiros, peixeiras e animais do noso mar).







Os alumnos de 3º e 4º de Primaria foron de "Homes do Saco" (lenda recollida por un dos nosos alumnos). Se acaso o ves vir xa podes acocharte ben.



Os alumnos de 5º de Primaria disfrazáronse da "Santa Compaña" (outra das lendas presentes na nosa contorna).





E finalmente os alumnos de 6º de Primaria representaron "a Vendimia da Tinta Femia" (viño afamado da nosa zona)




E este ano o desfile tivo lugar polas rúas de Bueu que rematou coa interpretación das nosas cancións para todo o público presente.
Que ben o pasamos!!

Aqui tedes algunhas das imaxes do desfile.
La imagen puede contener: una persona, de pie y exterior
La imagen puede contener: 7 personas, personas sonriendo, personas de pie
La imagen puede contener: 4 personas, personas sonriendo, personas caminando, personas de pie y exteriorLa imagen puede contener: 3 personas, personas sonriendo, personas de pie y exteriorLa imagen puede contener: 2 personas, personas de pie

xoves, 15 de febreiro de 2018

Os Mascalleiros de Cela

Durante todos estes días de Entroido estivemos desenterrando un dos nosos tesouros: Os Mascalleiros de Cela.  
Antigamente cando chegaba o entroido os veciños da zona disfrazábanse coa roupa vella que atopaban pola casa (o vestido da avoa, a chaqueta do pai...) cando máis vistosos mellor, é dicir, de mascalleiros . Despois todos xuntos ían polas casas dos veciños que os agasallaban con chulas ou outras sobremesas caseiras. Co tempo estas sobremesas foron evolucionando en caramelos. Que tempos aqueles!!!

A Torriño gustoulle moito a tradición dos Mascalleiros así que na semana do entroido díxolles que un dos días da semana se disfrazaran de Mascalleiros.
Mírade que Mascalleiros temos en Cela.


Aquí podedes ver o mural que fixeron os nosos alumnos cos seus debuxos disfrazados de mascalleiros.








E mirade que sorpresa recibimos do alumnado de 5º de E.Primaria: o sábado de entroido disfrazáronse de Mascalleiros e foron pola parroquia de Cela visitando as casas dos veciños que os recibiron con chulas. 


Parabéns a todos/as polo voso traballo!!!