sábado, 31 de outubro de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

 



Por mor da pandemia, a celebración do día das letras galegas foi trasladada ao día de hoxe, 31 de outubro. Durante o confinamento do 3º trimestre, realizamos actividades relacionadas co homeaxeado deste ano:  Ricardo Carvalho Calero. Hoxe é un bo momento para recordar a alguen  cuios superheroes das letras foron Rosalía de Castro e Curros Enriquez e entre outras foi autor do libro Historia da Literatura Galega Contemporánea ....

Ademáis en Samaín aproveitamos para coñecer artistas galegos que nalgún momento ilustraron e/ou pintaron cadros coa temática da morte ou do medo. Por suposto a música non podía faltar, con grupos como  Uxía Lambona, Paco Nogueiras, Migallas, Mamá Cabra ...

Participamos no concurso  organizado Feiraco e  Sxpl, onde levamos o primeiro premio!!

Fixemos caricaturas dos nosos seres queridos tendo en conta algunha das que lle fixeron a Ricardo Carvalho.

Escribimos e contamos lugares onde nos sentimos libres, igual que Ricardo tiña o seu lugar favorito "Os Tumbos".

Expuxemos algunha das súas obras (eso sí, de maneira virtual) e tamén o convertimos en superheroe, e aproveitando que foi un gran amante de defensor dos animais, describimos cómo nós tamén temos poder para coidar, respetar e protexer aos animais.

E  fabulosos xogos e actividades que iamos topando nas redes . Moitas grazas por compartilo!!

Este luns entraremos na escola con música tradicional e faremos unha lembranza ao día das letras galegas. Estade atent@s...

SEREDES QUEN DE ATOPAR AS VOSAS ACTIVIDADES NESTE BLOGUE???

Ánimo e a ver se vos atopades!!! ¨É moi sinxelo...

Este luns entraremos na escola con música tradicional e faremos unha lembranza ao día das letras galegas. Estade atent@s...




venres, 30 de outubro de 2020

HOXE CELEBRAMOS SAMAÍN

 "Hoxe celebramos o Samaín , que noutros sitios se chama Halloween...) Canta así unha das cancións que más escoitamos na escola estes días. E como tal,  celebramos ,eso si, dunha maneira atípica, o  Samaín.  Tendo en conta o proxecto deste ano do cole "SUPER-ARTE" se lanza unha  proposta  para decorar a exposición de cabazas inspirándonos en cuadros e ilustracións de artistas galegos relacionados co medo e a morte, enchimos as paredes do escenario da sala multiusos coas maravillosas obras do noso alumnado. Ademáis de coñecer artistas galegos, tamén recordamos verbas únicas (arrepío, salouco, medo, tremer...), e escoitamos música con esta temática. Ademáis nas aulas fixéronse obradoiros de cociña , manualidades ... e houbo fantásticos contadores de contos de medo que daban uns bos  arrepíos!!

Velaeíqui unha pequena escolma da nosa maneira de celebrar o Samaín , onde tampouco faltaron bruxas, demos, esqueletes... e todo tipo de terroríficos disfraces.
















E ademáis contos en familia ... No blogue da biblioteca " A Torre das palabras" poderedes atopar máis...




CONTO DE XELA

sábado, 24 de outubro de 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

É o primeiro ano que o celebramos coa nova biblioteca e non quixemos deixar pasar a oportunidade de facer un conto entre tod@s os nenos e nenas da escola, que a súa vez encaixa dentro do lema deste curso das bibliotecas escolares: XEOGRAFÍAS LECTORAS. 

Torriño, o guardián das palabras nos ensina cada un dos espacios da nosa biblioteca. 

Un soño feito realidade!


Pasamos pola biblioteca para ver o produto final do conto, ver unha presentación sobre a mesma e deixar as nosas suxestións sobre contos e melloras no buzón de Torriño.

Aquí vos deixamos a nosa produción


Non podemos deixar a ocasión para agradecer a cada un dos que nos axudastes a conseguilo: a direción xeral de centros, a asesorías de bibliotecas, ao equipo de biblioteca do cole e profes colaboradores, ao equipo directivo do centro,  aos pais e nais que nos axudaron na montaxe da caixa de luz, Javier (pai de Pedro 3º), José e Sergio ( pais de Cesáreo e Helga de 5º), e, pola decoración  artística, a Mary e Luís Davila ( pais de Roi 4º e Lola 1º)

MOITÍSIMAS GRAZAS!!

CELEBRAMOS O DIA DAS ESCRITORAS

Desde o 2016 búscase  o legado das escritoras a través da historia, e como non podía ser de outro xeito no noso cole celebramos esta iniciativa como se merece!

Desde dinamización da lingua se preparou unha pequena montaxe de escritoras galegas escollidas, para motivar a investigar e coñecer algunhas das mulleres que forman parte da nosa historia lingüística.

Velaiquí unha pequena mostra do que fixemos para este día:

En infantil visionado da montaxe, recitado de Rosalía, sesión de contacontos da escritora Eva Mejuto con SUPERARTE!


 En  primeiro e segundo de primaria traballamos coa obra "Cara de Velocidade" de Marta Tojas


En terceiro de primaria  despois de investigar deron en destacar estas escritoras Rosalía de Castro, Gloria Fuertes, Fina Casalderrey e Elena Fortún. Investigamos sobre Ledicia Costas que é a autora sobre a que estamos a traballar este 1º trimestre coa súa obra "Vampira de biblioteca"


En cuarto de primaria xa coñeciamos autoras galegas moi "talentosas"e próximas como María Canosa (A cazadora de estrelas), María Reimondez (Lía e as zapatillas de deporte) cuios libros lemos o curso pasado. Este día das escritoras lemos ademáis textos de Ledicia Costas, Susana Sanchez Arins, Marta Dacosta, Elí Ríos ou Rosalía de Castro. Despois xogamos coas súas verbas descompoñendo os seus relatos, recortando e creando outros novos. Inventamos microcontos conpartes da súa obra e engadimos outras novas. Este trimestre tamén estamos a ler "Vampira de biblioteca " de Ledicia Costas.




En quinto de primaria investigaron sobre Ledicia Costas, xa que están a ler e ademáis superenganchad@s "Escarlatina, a cociñeira defunta"
Con  moitas ganas de falar  en persoa ainda que sexa de maneira virtual"



En sexto de primaria, o traballo de  homenaxe pasou por tentar contactar con escritoras para fecerlle unha entrevista por carta. As elexidas foron: Fina Casalderrey, An Alfaya, Ledicia Costas, Miriam Ferradáns.


Carta de An  Alfaya





Carta resposta de Miriam Ferradáns





Carta resposta  de Fina Casalderrey

Tócanos facer as cousas ás agachadas, que non se note que estamos, porque somos invisbles como o ar. O que non saben, ou non pensan, é que o ar se coa en todos os recantos precisamente porque non se ve. Así facemos nosoutras."

Eva Mejuto "Memoria do silencio" (Editorial Xerais)  



sábado, 17 de outubro de 2020

DÍA DAS ESCRITORAS

 O día das escritoras é unha iniciativa promovida pola biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.


A data elixida este ano é o luns 19  de outubro baixo o lema " O esforzo cotián das mulleres"
Desde a nosa biblioteca tentaremos visualizar a obra das escritoras galegas.

"Tócanos facer as cousas ás agachadas, que non se note que estamos, porque somos invisibles como o ar. O que non saben, ou non pensan, é que o ar se coa en todos os recantos precisamente poque non se ve. Así facemos nosoutras."

Eva Mejuto "Memoria do silencio" (Editorial Xerais) 

"Dixo a mestra que estaba soa no complexo escolar e que eu medraba moito para a ida-
de que tiña. Logo foi ao que tiña que ir que xa era hora con tanto arrodeo xa estaba-
mos que ardiamos, pero era tímida, notábaselle moito.

Dixo que despois das clases ía preparar un fato de rapazas para o ingreso porque estaba
soa, tiña tempo abondo, quería que fose eu “María Briz é moi intelixente, María Briz
debe estudiar, porque escribe que é un primor”.

Aínda lembro a ledicia que collín coa visita da señorita Márgara, estaba pero moi satis-
feita, coma se alguén me animase a voar arrepuxándome."

Xohana Torres. Adiós María. Editorial Galaxia

E moito máis no blogue da biblio "A TORRE DAS PALABRAS".
Desde este equipo, presentamos unha pequena escolma que sirva para motivar e convidar a buscar e investigar sobre estas mulleres que nos enfeitizan coas suas verbas.


ACTIVIDADE PICTÓRICA DE MEDO



DESDE O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA E CONTINUANDO CO NOSO 
PROXECTO ANUAL DE CENTRO "SUPER-ARTE", ANIMAMOS A TODO O ALUMNADO A PARTICIPAR NESTA ACTIVIDADE CREATIVA .
TRÁTASE DE ESCOITAR, VER E INVESTIGAR SOBRE PINTORES GALEG@S QUE NALGÚN MOMENTO DA SÚA VIDA E OBRA TRATARON O TEMA DA MORTE E DA CELEBRACIÓN DO SAMAÍN.
EIQUÍ PRESENTAMOS UNHA PEQUENA ESCOLMA, SEGURO QUE VOS ATOPAREDES MOITO MÁIS.
ESPERAMOS AS VOSAS TERRORÍFICAS OBRAS, QUE EXPOÑEREMOS NO COLE EN SAMAÍN. DESFRUTADE DAS FORMAS, DAS CORES, DE DIFERENTES TÉCNICAS E FACÉDENOS TREMER DE MEDO... 

NON ESQUEZADES ASINALAS!


luns, 5 de outubro de 2020

MAGOSTO 2020

 "CASTAÑA CASTAÑA, DO CHAN SE APAÑA"

E XUNTO CO SAMAÍN, OUTRA CELEBRACIÓN ESPERADA POLA COMUNIDADE EDUCATIVA...IMOS ARTELLANDO COMO FACER ESTE ANO PARA NON DEIXAR DE COMER RICAS CASTAÑAS ASADAS!

FEDELLANDO POLA REDE, ATOPAMOS ESTA ESCOLMA DE ACTIVIDADES FEITA POLO CEIP VICTOR SAENZ. MOITAS GRAZAS!!!

SEGUIREMOS BUSCANDO , AMPLIANDO E PROPOÑENDO AS NOSAS ACTIVIDADES...




A Castaña en Wikipedia 
O Castaño en Wikipedia
A castaña en Galipedia
O Castiñeiro en Galipedia
O Castiñeiro en Galicias.com
Castiñeiro (Concello da Coruña)
Cogomelos en Vieiros da Escola
 A TRADICIÓN


O Magosto en Galipedia 
O magosto (C.E.I.P. de Palmeira)

A festa do Magosto (Galicia Espallada)

O Magosto (Concello de Arteixo)


 ARTIGOS


Revista REIGAME

 (nº 18, novembro 2003)
Especial sobre a castaña e o Magosto (5 artigos moi interesantes)

O MAGOSTO NA ESCOLA 
Artigo de Azucena e Dolores Arias Correa do Colectivo Ollo de Sapo


UNIDADES DIDÁCTICAS

A Castaña
Unidade didáctica elaborada polo I.E.S. Monte Carrasco (Cangas)
A CastañaUnidade didáctica elaborada polo C.E.I.P. de Ponzos  (Ferrol)
Magosto
Unidade didáctica do Colexio Santa Vedruna (Vigo)
RECOLLEITA

Refráns e lendas do Outono e do Magosto

Recolleita de refráns sobre o Outono
do CEIP Esteiro de Ferrol


Poemas, adiviñas, ditos e refráns do outono e o Magosto

Refráns para o mes de novembro

C.E.I.P. Mestres Goldar (Vigo) 
Recomendámosvos o seu excelente blogue


TEXTOS 


"Día de Magosto" de Xosé Antón Vicente 

"A castaña que rebentou coa risa" (conto)
 ILUSTRACIÓNS DO
MAGOSTO E O OUTONO
Ilustracións do Outono e do Magosto
-Otoño en Cathycreatif
Galería Picasa de "Arcodavella"
-Galería Picasa de "MaménRamírez"
-Galería Picasa de "Isafealonso"
-Colorear en www.mescoloriages.com
-Galería  Picasa de "100sanda" 
- Láminas para colorear de www.waece.org
-Actividades de otoño de www.vedoque.com
-Dibujos para colorear de www.primeraescuela.com
-Dibujos para colorear de www.educima.com
-Dibujos para colorear de www.dibujalia.com
WEBQUESTS


WEBQUEST "O MAGOSTO"
Elaborada por Contidos Educativos con PHPWebquest

WEBQUEST "O MAGOSTO"
C.E.I.P. O Pombal (Vigo)


ACTIVIDADES 

Actividade JavaClic
 " O Magosto"
Félix Pimentel Tubío (C.E.P. Pilar Maestú Sierra da Pobra do Caramiñal)
Dolores Iglesias Iglesias (C.E.P. Cespón de Boiro)
Actividade LIM "O Outono"
Belén do E.E.I. Tarrio-Samieira (Poio)
Actividade JavaClic "El Otoño"
C.R.A. Vía de la Plata
Actividade Hotpotatoes "El Otoño"
Monserrat Sariego Muñíz
C.E.E. Santullano (Mieres)


VIDEOS 


Reportaxe sobre as castañas (TVG)

 Conto da Catañeira (vídeo en castelán)

 Conto de Eva Alonso basado en  "El Otoño" de Vivaldi.(en castelán)

Conto de outono de Mª Luisa López (vídeo en castelán)



Canción: "Non chas quero" 

Canción do Magosto (Escola de Ortigueira)


"Non chas quero" (CEIP Reibón de Moaña)



RECEITAS CON CASTAÑAS 


Receitas recollidas polo CEIP Vicente Risco (Vigo)

Receitas con castañas (Concello da Coruña) 

Plantilla para escribir unha receita con castañas



Festas da Escola: O MAGOSTO
Colectivo Ollo de Sapo
Editorial IR INDO 




OS BOLECHAS FAN UN MAGOSTO
Pepe Carreiro
Editorial  A NOSA TERRA



MAGOSTO
Jacobo Fernández
Editorial GALAXIA




A CASTAÑA QUE CHEGOU A ARBORE
Tucho Calvo
Editorial IR INDO 



OS PEQUENOS BARBANZÓNS: CASTAÑAS CON PORCO BRAVO
Carreiro e Carreiro
Editorial TOXOSOUTOS 




RATO PINCHO

Gloria Sánchez
Editorial Galaxia