mércores, 24 de febreiro de 2021

ARTE CON ROSALÍA

 Hoxe 24 de Febreiro celebramos no cole o Día de Rosalía de Castro. A todo@s quedounos ben claro que foi o día en que naceu, e porqué celebramos o Día das Letras Galegas o 17 de Maio; COÑECEMOS A SÚA VIDA E OBRA,  ademais de moitas curiosidades, como que hai un avión que leva o nome de Rosalía de Castro .

Como xa anunciamos tivemos un día cheo de actividades E MOITO ARTE CON ROSALÍA  por todo o cole: corredor, biblioteca, aulas, música adicada a Rosalía durante toda a mañán, coreografías e participación na proposta da AELG, ademáis un lenzo interactivo (con medidas de seguridade), seguimos poñendo  voz a  imaxes de Rosalía a través da aplicación Chatterpix, escoitamos a mensaxe de Miriam Ferradáns (poeta de Bueu),...

E deixamos algunhas imaxes e un pequeno resumo audiovisual do que foi o día de hoxe. Esperamos que vos guste...

Proximamente máis...












domingo, 21 de febreiro de 2021

21 FEBREIRO DIA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA

 FELIZ DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA!

!FALARLLE A ALGUÉN NUN IDIOMA QUE ENTENDE PERMITE CHEGARLLE AO SEU CEREBRO, PERO FALARLLE NA SÚA LINGUA MATERNA SIGNIFICA CHEGARLLE AO SEU CORAZÓN"

FANTÁSTICA ACTIVIDADE A PROPOSTA DA FOANPAS DE VIGO! 
GRAZAS POR COMPARTILO




mércores, 17 de febreiro de 2021

DIA DE ROSALIA

 Nas vésperas da celebración do nacemento da muller máis importante da cultura galega, presentamos unha pequena na escolma de actividades para realizar na aula ou xogar na casa. Para o día 24, data do seu nacemento temos preparada unha sorpresa telemática nas aulas e que subiremos o mesmo día ao blogue.

Entre as actividades a propoñer destacamos unha animación con fotografías de Rosalía e a voz do alumnado do cole. E xa temos algunha para ensinar, neste caso nenos e nenas de 5º!!!!! 

Disfrutade desta maravilla...


E XA TEMOS A  5º DE INFANTIL POÑENDO A SÚA VOZ A ESTA IMAXE DE ROSALÍA!! SUPERDIVERTIDA!


E AOS NENOS E NENAS DE PRIMEIRO!!! 



E no contexto lingüístico seguimos coñecendo a esta muller e a súa vida e obra a través de fantásticas  actividades dinámicas e creativas como estas que están facendo os maiores do cole. Non vos perdades as próximas actualizacións do blogue para disfrutar do traballo e aprendizaxe dos compañeir@s!!


No portal da lingua atopamos actividades tan estupendas e interactivas como estas. Atopamos que son moi recomendables para pasar seguir aprendendo de maneira lúdica .


https://view.genial.ly/600556a94bfa890d0b18400c/presentation-dia-de-rosalia

Así mesmo, velaí van unhas recomendacións de libros e recopilacións sobre Rosalía






Proximamente máis!!!









sábado, 13 de febreiro de 2021

DÍA DA RADIO

HOXE , 13 DE FEBREIRO, CELEBRAMOS O DÍA DA RADIO. NON DEIXEDES DE VISITAR A NOSA EMISORA  E DE DISFRUTAR DOS PODCASTS QUE PODEDES ATOPAR. CADA CONMEMORACIÓN E ACONTECEMENTO PASA POR RADIO FALADOIRO PARA TRANSMITIR E DAR A COÑECER AS NOSAS INQUEDANZAS,CURIOSIDADES, APRENDIZAXES E POR SUPOSTO ENTREVISTAS "MOI PROFESIONAIS" A TODOS OS QUE PODEN ACHEGARSE E DARNOS UNS MINUTIÑOS. 

NENOS E NENAS DE PRIMARIA, PARTICIPAN EN PONTE NAS ONDAS ... BRAVO!

E os  maiores do cole en colaboración coas familias nos fan pasar un ratiño moi agradable contestando  e recordando a súa infancia radiofónica. Grazas!!!!

BO DISFRUTE DA NOSA RADIO FALADOIRO!
.

 https://www.ivoox.com/podcast-radio-faladoiro-2020-2021_sq_f11091249_1.html

ENTROIDAMOS CON MOITA ARTE (PARTE III)

 E chegou o día ... Hoxe venres recibimos no cole artistas representando ás sete artes  recoñecidas. Así, disfrutamos de arquitect@s, pintor@s, director@s de cine, actrices/actores, cociñeir@s, músicos,  personaxes de conto, escritor@s, arte abstracta, cantantes, bailaríns. Mentres esperabamos para desfilar e facer a merendola entroideira, estivemos a coñecer un dos entroidos que temos perto de nós, grazas a A.C. Meiramar-Axouxeres, que nos trouxeron telemáticamente o entroido tradicional de Meira con madamas,  galáns e personaxes coma os federosos.

Agradecedemos ao alumnado, mestres, familias e personal non docente á implicacíon e interese para poder celebrar este entroido atípico con tanta ARTE!!
Velaquí unha escolma escollida do gran día cheo de cores, ritmo e ganas de disfrutar do momento e do tempo!

DESFILE











.

.
Velaquí un resumo do entroido do noso cole, 
rebosando arte por todos lados!!.

A.C. Meiramar- Axouxeres, A QUEN ESPERAMOS VER DE MANEIRA PRESENCIAL O VINDEIRO ANO!



E NON PODÍA FALTAR RADIO FALADOIRO  NESTA SEMANA ARTÍSTICA!! OS NENOS E NENAS DE PRIMEIRO DEIXARON UNHA VERBAS NA NOSA EMISORA SOBRE O ENTROIDO, ADEMÁIS DE TRABALLAR NO CONTEXTO LINGÜÍSTICA SOBRE TRADICIÓNS FESTEIRAS NESTA ÉPOCA COMO A FESTA DO COCIDO EN LALÍN.


MOITAS GRAZAS!!!!

VÉMONOS NO VINDEIRO ENTROIDO!!!!!



.

.

xoves, 11 de febreiro de 2021

ENTROIDO, RECTA FINAL (PARTE II)

  Chegamos ao último día na nosa semana entroideira!! Este venres teremos algo moi especial que con agarimo preparou a Asociación Meiramar-Axouxeres para o noso cole e que veremos nas aulas. Seguindo cos obxectivos do curso anterior , (onde nos visitaron desde Cobres para mostrar o seu traxe e danza de entroido), queremos seguir a dar a coñecer o entroido que temos mais perto de nós, a súa tradición co traxe de madamas e galáns, a súa danza, o seu espíritu. Agradecemos enormemente esta presentación e agardamos poder facela de maneira presencial o vindeiro ano. 

E... PREPARADOS PARA ABRIR BEN OLLOS ESTE  VENRES??

CON IMAXINACIÓN UNHA ARTE ESCOLLERÁS, PORQUE ESTE DÍA NO COLE DESFILARÁS!

BO DISFRUTE!

mércores, 10 de febreiro de 2021

JIMENA FERNÁNDEZ DE LA VEGA, CIENTÍFICA GALEGA DO ANO 2021

A Real Academía Galega de Ciencias anunciou hoxe mércores, véspera do Día internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o nomeamento de Jimena Fernández como científica do ano 2021, polo seu carácter loitador . Foi a primeira licenciada en medicina pola Universidade de Santiago (...)




ENTROIDO , IMAXES E CANCIÓN (PARTE I)

 Xa estamos na metade da nosa semana entroideira, nen@s e maiores levan participando estes días nesta festa chea de cor e ritmo. Aínda que a situación de este ano é moi atípica, no noso cole tentamos levar un sorriso ben grande pola mañán e un espíritu ledo para seguir aprendendo. Non hai mellor que cousa que un sorriso para manter a motivación e a curiosidade.

Así desta maneira, imos darlle unha volta a estes tres días de consignas, que iremos actualizando segundo nos vaian chegando fotos, e subimos a canción "Super-arte" da gran comparsa do Ceipp A Torre, que cantaremos todos xuntos o venres coas medidas pertinentes. 

A DISFRUTAR!!!

LUNS: PERRUCA E GAFAS CON ARTE, PARA PODER RETRATARTE



.

MARTES: NA LINGUA DA NOSA ROSALÍA, 
ANDARÁS DE VASCALLEIRO TODO O DÍA




MÉRCORES:  NA METADE DA SEMANA, VÉN COMO CHE DEA A GANA







XOVES:  A MULLER NA CIENCIA CON ADMIRACIÓN, PARA CONMEMORAR ESTE DÍA CON EMOCIÓN