xoves, 30 de abril de 2020

A CAZADORA DE ESTRELAS

O alumnado de 3º e 4º de primaria leron o libro " A cazadora de estrelas! de María Canosa.

A cazadora de estrelas Infantil E Xuvenil - Merlín - De 9 Anos En ...

Este libro conta a historia de Megumi , unha amazona que captura as estrelas máis afastadas e difíciles de atopar. Pero algo ocurre no observatorio que mudará para sempre a súa vida e a da súa egua Turón.
As mestras de 3º e 4º propuxeron facer un debuxo ou maqueta a partir desta historia contando como imaxinaban o observatorio. E vaia se imaxinaron!!!!
E ademáis recibiron unha gratísima sorpresa da autora,  María Canosa .
 
   
   

  





mércores, 29 de abril de 2020

CARTACES DIA DO LIBRO

Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria desde casa, elaboraron uns cartaces fantásticos para conmemorar o día do libro. bO TRABALLO!

     

martes, 28 de abril de 2020

MAIO FLORIDO

 Desde o equipo de dinamización, vos convidamos a disfrutar da celebración desta festa da natureza. Deixamos un par de actividades sinxelas e didácticas para tod@s, sen límite de idade. Aproveitade os paseos, observade como está a despertar a natureza que está ao noso redor e se vos animades preparade un maio, unhas coplas, disfrutade en familia e subídeo ao correo da biblio ou aos vosos titores.

O MAIO

Aí ven o maio
de froes cuberto...
puxéronse á porta
cantándome os nenos:
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.


Así di o poema de Curros Enríquez e chegaron os Maios, chegaron as flores e con elas a alegría da primavera.
A tradición dos Maios permanece ao longo dos anos en diferentes vilas e cidades galegas. Nas súas orixes estaba ligada ao ciclo agrario, e segue mantendo o sentido de celebración da aparición da vexetación e da floración.
A estructura do maio está feita con varas de vimbio, recuberta con fiúncho,xestas, espadanas, etc e adórnase conflores, laranxas, bandeirolas de papel, casca de ovo,... o cerimonial incluía o roubo, máis ou menos encuberto, dos elementos necesarios para a construcción do maio.

- Recolle pampullos ou crea as túas flores, agulla de lá e fío e animate a  facer coroas, colares, pulseiras ... adornos para un mini maio en plano, ou con volumen... 


- Experimenta



OS MAIOS | VV.AA. | Comprar libro 9788498651522


- Apetécevos recitar unha copla entre tod@s? Invitámosvos a crear unha rima e cantala en familia.

Animádevos e non deixedes de admirar e disfrutar da nosa natureza!

luns, 27 de abril de 2020

BOOKTUBERS

E no día do libro, unha proposta fantástica para crear historias, para ler contos, para facer recomendacións...E así presentamos aos nosos booktoubers particulares, nenos e nenas que nos recomendan fantásticas lecturas para conmemorar este día e para disfrutar sempre.

BOOKTUBERS INFANTIL 

mércores, 22 de abril de 2020

POLO DÍA DO LIBRO

Hoxe mostramos cancións sobre os libros e o amor que sentimos por eles. Tedes canción infantil, un karaoke, o rap do libro, con pictogramas, en Linguaxe de Signos...
 E se queredes mandar vídeos cantando estas cancións ou algunha inventada por vós, mandádeo a torredaspalabras@gmail.com.
A desfrutar e bailar!!










APADRIÑAMENTO LECTOR

Para celebrar o Día do Libro sempre facemos o "Apadriñamento lector", no que os maiores len aos pequenos. Como non o podemos facer, pedimos aos maiores que graven contos e así os cativos poden desfrutar das súas historias. Aquí vos deixamos o conto: "O grúfalo" de Julia Donaldson contado por Manuel Soliño de 5º de Primaria. 
Moitísimas grazas Manuel!!!

domingo, 19 de abril de 2020

DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DO DEREITO DO AUTOR

Achégase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, en acepción da UNESCO, e desde a Consellería de Educación, Universidade e formación Profesional edítase o díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2020.
Acudiuse, como en anos anteriores a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso ao escritor, xornalista e divulgador da cultura de Galiza, Manuel Gago, quen creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas potencialidades do libro e da lectura e que nos agasalla esta evocadora afirmación: 
"Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín"
Que a primavera entre polas fiestras e traia a voz das aves para acompañar as nosas lecturas!


XORNAL O PAPAGAIO

Xa levamos un par de cursos recibindo o Xornal O Papagaio no colexio. Como non podemos desfrutar del en papel, agora o temos en dixital.
Desfrutade del Superheroes e Superheroínas!!!


  





ADIVIÑA V

mércores, 15 de abril de 2020

ACTIVIDADES DÍA DO LIBRO

Dende este equipo  colaboramos co equipo de biblioteca animando a facer estas actividades propostas para celebrar o Día do libro, aínda que esteamos estes días na casa.   E para iso precisamos da vosa colaboración. Gustaríanos que tod@s os nen@s fixésedes un Booktuber, é dicir, un vídeo en galego no que recomendedes un libro aos outros alumn@s do colexio.
Tamén nos gustaría que os alumn@s de 5º e 6º de Primaria sexan os padriños e madriñas dos pequenos e graven un vídeo lendo un conto. Pode ser con marionetas, debuxos... como máis vos guste.
Os booktubers e os contos para os pequenos os podedes mandar a: torredaspalabras@gmail.com ata o martes 21 de abril.

Animádevos a participar!!!!














ADIVIÑA IV

luns, 13 de abril de 2020

HOXE CONTO CON...

De novo retomamos esta actividade onde os profes do cole nos agasallan con contos seleccionados. Hoxe presentamos "Orellas de bolboreta" da editorial Kalandraka. Este contiño convídanos á reflexionar, sabedes porque? Escoitade con atención...

MOITAS GRAZAS PROFE SARA!!!


CONTO DE DIVERSIDADE

Fala da autocrítica cidadá, autoconcepto, autoestima, respecto, valoración e aceptación. 
Despois da escoita do conto, estaría ben reflexionar cos rapaces sobre estes aspectos, xa cada un de nós temos un superpoder, que somos importantes, que todos somos diferentes e aportamos algo aos demáis. O ideal é que despois do conto debuxen o seu propio can salchicha coas características que os definen a eles como persoas, cos seus gustos e preferencias, pois, se a un lle gustan moito os puzzles pode decoralo facendo pezas de puzzle de diferentes cores, se lle gusta o fútbol con traxe curto medias e un balón, con gafas, con gorros, etc. Deixade voar a vosa imaxinación!!





xoves, 2 de abril de 2020

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Hoxe 2 de abril é o Día Internacional do Libro Infantil. A sección patricinadora deste ano é Eslovenia que difunde a mensaxe de Peter Svetina ilustrada por Damijan Stepancic: Fame de palabras. GÁLIX, a Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, falicítanos a tradución ao galego de Héctor Cajaraville.





Ademáis os deixamos o enlace do Salón do Libro, no que hoxe podedes desfrutar da Banda Deseñada con Kiko da Silva.








ADIVIÑA III

CONCURSO GÁLIX:UN POEMA NA TÚA VOZ

Polo DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) convoca o concurso «Un poema na túa voz». Por mor das circustancias nas que nos atopamos, modificaron ás bases e podedes participar dende ás vosas casas.

Concurso: un poema na túa voz


Anímadevos a participar!!!


Resultado de imaxes para: galix concurso de poemas participa dende a casa


mércores, 1 de abril de 2020

CONCURSO PARA A CATIVADA

A Editorial Galaxia convocou un concurso de debuxo para nen@s de 4 a 12 anos no que tedes que representar a lectura no fogar. O prazo para participar é do 26 de marzo ao 15 de abril. No seguinte enlace podedes ler as bases: Concurso para a cativada

 Animádevos a participar. I, ve got the power!!!