venres, 30 de abril de 2021

RECUPERANDO A FESTA DOS MAIOS

 A piques de comezar o mes de Maio, no noso cole celebramos esta festa da exaltación da primavera  no mes das flores por excelencia elaborando un maio para colaborar coa Asociación de Alfombristas de Bueu e que será exposto este fin de semana na praza do concello. Desde o Equipo de dinamización quixemos participar e dinamizar a todo o cole nesta festa tradicional que pouco a pouco se intenta recuperar.

Así desta maneira, toda comunidade educativa puxémonos mans á obra: @s peques de infantil elaboraron un maio fantástico con fiuncho, xestas e todo tipo de flores. E, ademais,  os maiores dos pequenos (5-6 anos) quixeron crear e cantar  unhas coplas inventadas por eles, esta vez ao xeito de Ourense.























Os nen@s de 1º e 2º de primaria ademais de inventar e cantar ao xeito   de Marín  unhas coplas maravillosas relacionadas co proxecto do cole SUPERARTE, disfrutaron facendo manualidades con creatividade e alegría primaveral.














Os cativ@s de 3º e 4º crearon coplas espectaculares que cantaron con moito ritmo ao redor do noso maio. Foi un proceso laborioso e de investigación sobre como facer as coplas: rimado, versos , ritmo para cantalas...








@s maiores do cole, ademáis de facer un reto programando os  Mboot cara ao maio e outras, investigaron moitísimo sobre a orixe desta tradición e como se celebra en diferentes lugares. Así mesmo gravaron o seu traballo en radio Faladoiro e expuxeron de maneira plástica a súa investigación nun xigante cartaz que podemos ver a continuación.





 EN RADIO FALADOIRO...


E NO PATIO CANTAMOS...




UN FANTÁSTICO TRABALLO!!

xoves, 22 de abril de 2021

MES DOS LIBROS

 ESTE MES DE ABRIL CELEBRAMOS O MES DOS LIBROS DESTACANDO A IMPORTANCIA DA LITERATURA DENTRO DO NOSO PROXECTO DE CENTRO "SUPER-ARTE" . MAIORES E PEQUENOS  PARTICIPAMOS NAS ACTIVIDADES QUE SE PROPOÑEN NA BIBLIOTECA E NOS CONTEXTOS E RECANTOS .  DESDE MARCAPÁXINAS, CONTOS TRADUCIDOS (COMO FACIA XELA ARIAS- HOMENAXEADA LETRAS GALEGAS), PODCAST, "APADRIÑAMENTO LECTOR" DENTRO DE CADA AULA  E EN TÓDOLOS ESPACIOS QUE NOS RODEAN, BOOKTOUBERS, EXPRESIÓN ARTISTICA " EXPRES-ARTE", E NO PATIO LIBRO... E UN BONITO AGASALLLO PARA SEGUIR CREANDO E ESCRIBINDO OS NOSOS MUNDOS, INQUEDANZAS E ILUSIÓNS!