venres, 30 de novembro de 2018

NON É UNHA CAIXA

A mestra de apoio cos nenos de infantil traballaron "Non é unha caixa". Comezaron pola lectura e despois fixeron unha sesión de psicomotricidade vivenciada, onde xogaron coas caixas libremente desenvolvendo a súa imaxinación e creatividade. Este foi un dos moitos libros que se leron da maleta viaxeira que estivo con nós durante un mes.

     

25 DE NOVEMBRO











Con motivo do día da  non violencia de xénero, realizamos desde o centro varios actos con todo-los alumnos e alumnas do cole. 
 No patio lemos un manifesto e cantamos unha canción feita polo profe de música e alumnos/as maiores.

  Fixemos un mural "Sementando...o respecto" e os/as de infantil tamén o fixeron individualmente na súa aula.

 O venres 23 de Novembro, os alumn@s de 4º e 6º de Primaria acudiron ao Centro Social de Bueu ao acto polo 25 de Novembro. Os nen@s de 5º e 6º de Primaria participaron no concurso de carteis organizado polo CIM de Bueu, no que Xiana (alumna de 6º) gañou unha mención especial polo seu cartel.

    O libro: "Nin un biquiño a forza" foi traballado en 5 anos, onde fixeron unha man cun "NON". Nas aulas de 1º e 2º de primaria fixeron un mural con fotos representando bicos. E os nen@s de 3º e 4º de Primaria fixeron unha redacción escrita coa ilustración do bico elixido.

   Durante varias semanas tivemos no corredor da biblioteca unha exposición de libros adicados e que na súa maioría foron lidos e comentados na aula.  E a non esquecer que "Non estás soa"


luns, 26 de novembro de 2018

BÚSCASE CONTADORES E CONTADORAS DE CONTOS!

DÍA DOS BOSQUES AUTÓCTONOS

Continuando co noso proxecto de centro, lemos no cole o libro " O Carballo con botas" de Anxo Moure, e como non podía ser de outra forma, aproveitando esta lectura e a efeméride, pedímoslle ás familias do cole botas para sementar castañas e landras. A resposta foi moi boa e a idea tivo gran acollida e como non, moita expectación...
Agora falta  esperar a que nazan as sementes :-)  

                              

AS ÁRBORES DA NOSA ESCOLA

Como xa anunciamos días atrás, despois da lectura "A Árbore da escola" de Sandoval, puxémonos mans a obra para facer un mural das árbores que nos gustaría ter preto de nós. Moitos nenos e nenas estiman necesarios castaños, carballos, figueiras....e sobre todo poder xogar con eles,  e incluso construír cabanas! Velaí vai unha mostra das obras artísticas deste fantástico alumnado:
   
   

A HORTA DE SIMÓN

Os nenos e nenas de infantil, 1º e 2º de primaria, disfrutaron do conto " A Horta de Simón" incluído na maleta viaxeira. Este é outro dos contos relacionados co proxecto do centro "O despertar das sementes".
                                                        Xa estamos a argallar a nosa horta do cole!!

domingo, 18 de novembro de 2018

EXPERIMENTOS NA BIBLIOTECA

Novembro é o mes da Ciencia en Galego e este ano quixemos realizar pequenos experimentos na Biblioteca nos recreos . Están relacionados co noso  proxecto "O despertar das sementes".

Os primeiros foron realizados co limón como protagonista. Este foron os primeiros que  fixemos:

-Flotación do limón,  e...
  comprobamos que só flotan con pel!!

- O poder da pel de limón, e...
  comprobamos que despois de sacarlle líquido à pel e recollela nun bastoncillo e  debido ao aceite inflamable que contén,  cando se achega   a un globo...BOOMMMM!! porque ademáis é un hidrocarburo apolar igual ca goma do globo.

- Un volcán dentro do limón, e...

  
comprobamos que despois de misturar zume de limón, lavalouzas, e bicarbonato, fórmase  dióxido de carbono e produce a explosión de burbullas!

E o último que realizamos foi:
- Cómo inflar un globo sen soprar?...

    comprobamos que baleiran vinagre nunha botella e bicarbonato nun globo, cando colocamos este globo na boca da botella e se misturan estes elementos, fórmase dióxido de carbono e fai que se encha de aire.


EXCURSIÓN Á CORUÑA COS MAIORES DO COLE!

O pasado mércores 14 de novembro , os nenos e nenas de terceiro foron de excursión á Coruña cos maiores de cuarto, quinto, e sexto de primaria. Foi un día realmente apaixonante!

 Coñeceron o  Aquarium Finisterrae e visitaron as salas do Nautilus e Maremagnum.

  
 Tamén visitaron o museo MUNCYT de ciencia e tecnoloxía,  onde entre outros, fixeron un obradoiro de renovación do solo para concienciarnos da importancia que teñen os incendios incontrolados e como de deteriorado deixan a nosa terra galega!


   

e ademáis visitaron  a sala do avión Lope de Vega onde se transportou o famoso cadro "Guernica" de Picasso e tamén unha  sala con robots parlantes que lles fixeron pasar un rato moi simpático!