luns, 30 de setembro de 2019

PRESENTACIÓN NO MUSSEO MASSÓ



MALETA VIAXEIRA

Xa temos de novo as maletas viaxeiras con nós!! O ano pasado tiveron moito éxito no noso cole. Desta vez e ata o 25 de outubro coñeceremos algo máis sobre "Banda deseñada" e o mundo dos cómics. Neste curso escolar  o noso proxecto de centro é "I`ve got the power". Traballaremos sobre os heroes e heroinas que nos rodean  e os de ficción,  así que esta maleta é unha boa maneira de comezar !!

E vén moi cargadiña :-)

 

SEMANA POLO CLIMA

Dende o  20 ao 27 todo o cole sumámonos a movilización mundial polo clima revindicando a súa  defensa .  Participamos en tódalas actividades propostas , dende o minuto de silencio na hora do patio, ata o visionado de cartaces feitos nas aulas. 
Como ecoheroes e ecoheroinas que somos seguiremos a coidar e respectar o noso planeta e dando exemplo para contaxiar os demáis!!


 

 

domingo, 15 de setembro de 2019

COMEZAMOS UN NOVO CURSO ESCOLAR

Aquí estamos un novo curso escolar cheo de novos aprendizaxes, inquedanzas, reencontros... seguro que será un curso fabuloso!!! Torriño esperounos cos brazos ben abertos e cunha vestimenta sorprendente... Que vos suxire? 


E o primeiro día ademáís dos reencontros con profes e compañeir@s saimos ao patio a facer xogos  todos xunt@s. Unha xornada de benvida fantástica!!

La imagen puede contener: 3 personas, personas de pie y exterior La imagen puede contener: una persona, en el escenario, de pie, paseando, niño(a), cancha de baloncesto y exterior