sábado, 26 de xuño de 2021

DESPEDIDA CON GALEGOPASIÓN

 Para rematar este  curso escolar tan diferente, tan cheo de incertidumbre, tan acelerado e a vez pausado vivindo un día de cada vez e sempre á espera de novas para seguir adiante, organizáronse estas actividades , seguindo os protocolos establecidos. 

Actuación do grupo teatral "Tarabelos", onde coñecimos a través da dramatización lendas fantásticas sobre a nosa contorna, piratas, sereas... Maravilloso! "Debulindo historias"


E festa rachada organizada pola Ampa e coa colaboración de todo o profesorado para realizar xogos  e probas  de estilo medieval "Como a noso Torriño", que nos permitiron atopar un tesouro escondido. Cada vez que se superaba unha prOba , se gañaba unha peza de puzzle que permitiría resolve-lo misterio.



E REMATAMOS ESTE CURSO ESCOLAR...

ARRANCANDO MOTORES PARA O VINDEIRO 2021-22

FELICES E MERECIDAS VACACIÓNS A TODOS E TODAS!!!!

SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS!!









venres, 18 de xuño de 2021

CIENCIA CREATIVA

A CIENCIA NON ENTENDE DE IDIOMAS, E ASÍ O SEGUEN  DEMOSTRANDO OS NOSOS CATIVOS DE PRIMARIA .

Esta fin de curso segue a espallar SuperArte polos catro costados. Desde o Contexto Científico, esta semana estreamos… exposición de fotografía creativa! 

O traballo feito polo alumnado de 5° e 6° no Plan da Luz foi tan atractivo que cando vimos as fotografías feitas, soubemos que non podían quedar dentro da aula, e quixemos compartilas co resto do centro, e tamén con vós, a través desta exposición tan artística na entrada da biblioteca.


A experimentación coa luz, espellos, a auga e co prisma de Newton, levou aos pequenos fotógrafos e fotógrafas a capturar instantáneas nas que conviven distintos fenómenos luminosos, como a reflexión, a refracción, difracción e tamén a dispersión da luz branza en todas as cores do arco da vella.


O resultado foi extraordinario, hai moito talento audiovisual entre os nenos e nenas do Torre Cela! Algúns títulos das fotografías son: Un camiño nas sombras, Un portal á natureza, A man diversa, A herba das cen cores, Máscara ao descuberto ou Vistas ao dobre ceo.   


Agardamos que vos gusten tanto como a nós!



Ademais, no último plan do Contexto Científico deste curso, de Máquinas e Inventos, fixéronse deseños creativos con moita arte, que tamén queremos ensinarvos. 




Os nenos e nenas de 3° e 4° deseñaron unha máquina para transportar patacas coa axuda dos nosos hóspedes, os caracois. Aproveitamos para coidalos e observalos, e debemos tratalos ben que nos botaron unha man co transporte de patacas! Aquí algúns dos deseños creados.



 



O alumnado de 5° e 6° deseñou cohetes de auga que puxemos a proba no patio grande… Eran moi aerodinámicos. Tanto, que sobrevoaron o tellado do ximnasio e tivo que vir o conserxe Luis en misión de rescate! 




Tamén inventaron automóbiles do futuro: voadores, con aerodeslizador, adaptados para durmir, para recoller lixo automáticamente e ata con zona relax e de festa para bailar. O futuro xa chegou ao Torre Cela. Ao mellor pronto nos interesa facer unha viaxe ao pasado...


domingo, 13 de xuño de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 E remantando este curso, non podiamos deixar de facer unha vez máis as recomendacións lectoras propostas pola bilioteca do cole e o equipo de dinamización, así como todo o profesorado.

Esperemos que teñades un anaquiño de tempo para deixarvos levar e disfrutar sós, con amigos, ou en familia de aventuras, experiencias, intrigas e unha che de verbas que vos fagan disfrutar e introducirnos en novos mundo extraordinarios.

BOA LECTURA!!




CIENCIA EN GALEGO

 E non deixamos de aprender e experimentar!! Desta vez o alumnado de 3º a 6 º de primaria, nos mostran que a ciencia non ten idiomas... Estes cursos participaron nos obradoiros de Galiciencia a maior feira científica escolar de Galicia. In situ, ainda que de maneira telemática puideron ser parte dun equipo de  policia científica  para descubrir a un ladrón de tartas, ata ver o funcionamento do helicóptero Ingenuity que leva un mes facendo probas no planeta Marte. Estamos seguros que o próximo ano volveremos a participar , porque foi alucinante!!

Así que non deixedes de picar en este enlace da nosa biblio, onde podedes ver imaxes e contidos máis concretos desta experiencia científica!! E gracias tamén ao alumnado de xeto que fixeron  un escrito fantástico contando esta experiencia científica!




http://torredaspalabras.blogspot.com/2021/05/obradoiros-de-galiciencia.html

http://torredaspalabras.blogspot.com/2021/05/obradoiros-de-galiciencia-por-xabi.html

UN PATRIMONIO EN IMAXES

 Nenos e nenas de 6º de primaria participaron no IV certame de recolla das imaxes de patrimonio inmaterial galego portugués, organizado por Ponte nas Ondas.

Non deixedes de escoitar estes podecast no enlace do blog da nosa biblio! Seguro que non vos deixará indiferente!! Moi boa e importante recollida de esas fotografías que nos poden contar parte da historia da nosa contorna e as nosas tradicións: unha festa, o gaiteiro de Ardán, un baile, o pesqueiro de Peralta...

Moitas grazas ás familias por esa búsqueda e transmisión patrimonial!

Continuaremos investigando pola nosa conta!!!

http://torredaspalabras.blogspot.com/2021/06/as-imaxes-do-patrimonio.html