sábado, 15 de decembro de 2018

RADIO NA BIBLIO

Seguimos con boas novas!!! 
O noso centro solicitou formar parte do programa "Radio na biblio", e tivemos a gran sorte de ser seleccionados para levalo a cabo.
 Xa contamos con Radio Faladoiro, creada polo centro o curso pasado. 
Polo que seguiremos no aire!!!


CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS

Estamos emocionados. Gañamos un Premio!!!
A Consellería deu a coñecer os traballos seleccionados no V Concurso de Traballos por Proxectos durante o curso 2017/2018.
Dun total de 102 proxectos presentados un dos nosos "Desnterrando os nosos tesouros. A Illa de Ons", gañou na súa categoría.
Xa no ano 2014/2015 gañamos este recoñecemento para todo o centro co proxecto "Un mundo de cor".
Grazas a toda a comunidade educativa por facelo posible!!!

EXPOSICIÓN CONTOS DE NADAL

No corredor da biblioteca temos un fantásticos expositor temático que continuamente está cambiando. Durante este mes de decembro estarán libros relacionados co Nadal, e acompañados dun Apalpador que permite fotografiarse con él.
       

ACTIVIDADES MES DA CIENCIA EN GALEGO

Durante o mes de Novembro , foron realizándose diferentes experimentos relacionados co proxecto do centro "O despertar das sementes". Durante este mes de Decembro e Xaneiro, visibilízanse estes experimentos en cartaces expostos no corredor e feitos polo alumnado. Así mesmo, tamén foron grabados e proximamente serán subidos á web do cole.

          

OS NOSOS CONTADORES

Continuando coas lecturas dos mércores de decembro, esta semana foi Hugo de 4º de primaria quen nos agasallou cunha lectura dun conto inventado por él. Titulado "Lucas y la Navidad", conta a historIa dun neno que disfrutaba moito destas entrañables festas, e aínda que lle gustaban moito os agasallos, o que máis lle entusiasmaba era as reunións en familia e cos amigos e amigas.

 

MOITAS GRAZAS POLA TÚA PARTICIPACIÓN!

luns, 10 de decembro de 2018

CLUB DE LECTURA DE ALUMN@S

Para a próxima xuntanza do club de lectura de alumn@s xa temos libro !! Nesta ocasión é en galego. O escollido foi: "A señorita Bubble" de Ledicia Costas da Editorial Xerais.

CARTA AO APALPADOR


Se queredes escribir unha carta ao Apalpador para este Nadal, na nosa biblioteca temos unha para ti.
 TORRIÑO ESTÁ A PIQUES DE FACELO :-)




  

xoves, 6 de decembro de 2018

GALICIA LE


CONTACONTOS DE NADAL

O mércores 5 de decembro comezamos as lecturas en voz alta de contos relacionados co Nadal. Iniciaron esta aventura Emma e Lucía alumnas de 6º de primaria, que nos leron e interpretaron o conto "Cando Martiño tiña ganas de mexar na noite de Reis", da Editoral Kalandraka. Foi fantástico!! Pequenos e maiores que pola biblioteca se achegaron na hora do recreo disfrutamos destas boas narradoras. Esperamos contar con elas para próximas aventuras lectoras. Grazas rapazas!!!

   

luns, 3 de decembro de 2018

XA TEMOS CONTACONTOS PARA O NADAL!




GUÍAS DE LECTURAS PARA INFANTIL E PRIMARIA


Despois de moito traballiño xa están aquí as guías de lectura para infantil e primaria realizada pola Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo. As lecturas son altamente recomendables para pasar un bo rato cheo de aventura e diversión. Nestes días se repartirán a todos os nenos e nenas do noso cole, para que as curioseen e disfruten o antes posible.



E ESTA É A GUIA DE LECTURAS PARA PRIMARIA. 
FANTÁSTICA E MOI MOI RECOMENDABLE!!
MOITAS GRAZAS!!!