martes, 19 de decembro de 2017

RECOMENDACIÓNS DE NADAL


Para estes días de descanso, nada mellor que relaxarse cun bo libro. Aquí tedes as nosas recomendacións en colaboración coa biblioteca que se lles entregou aos nenos/as. 



A disfrutar dunha boa lectura!!



luns, 18 de decembro de 2017

POSTAIS DE NADAL

Hai unha tradición de Nadal que non debemos esquecer, a felicitación das festas a través das postais. Polo que cada neno/a do noso cole fixo unha postal decorada coa temática do proxecto  "desenterrando os nosos tesouros" debuxando un lugar da contorna especial para eles e con personaxes propios destas festas.









 
Que bonitas quedaron! Parabéns rapaces!!!

domingo, 17 de decembro de 2017

CHEGOU O NADAL A TORRE-CELA!


Durante todos estes días os nenos e nenas da Torre- Cela estiveron a preparar a chegada do nadal.



Así, crearon estas magníficas estrelas que decoran a entrada do noso centro. O obradoiro de estrelas tivo lugar na biblioteca na hora do recreo para aqueles que quixesen dar renda solta á súa creatividade.







Como vedes os nosos nenos son uns artistas.


Coa colaboración das familias elaboramos unha árbore de nadal chea de tesouros. Como xa sabedes este ano o proxecto do centro é "desenterrando os nosos tesouros" polo que as familias trouxeron unha botella cun tesouro no interior. Á volta das vacacións de nadal descubriremos que tesouros se escondían no interior das botellas. Grazas familias pola vosa colaboración. Mirade que bonito quedou.




Ademais durante todos estes días os alumnos estiveron a investigar a figura do Apalpador e divertíronse con contos de nadal en galego grazas á colaboración da biblioteca.








E mirade que Apalpador máis divertido temos no noso cole. Quen quere converterse en Apalpador?






domingo, 26 de novembro de 2017

25 N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.


Ao longo destes días realizamos diversas actividades para conmemorar o 25 de Novembro día internacional contra a violencia de xénero. Mirade que bo traballo fixeron os nosos alumnos. 

CONMEMORACIÓN NO CONCELLO

O día 24 de novembro celebrouse no centro social de Bueu o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Este ano o noso cole foi o encargado do manifesto que realizaron os alumnos de 5º de primaria. 
O acto comezou coa presentación por parte da concelleira de igualdade, Ana Isabel Otero. A continuación  o alumnado de 3º a 6º de primaria cantaron unha canción contra a violencia de xénero destacando a importancia de non aguantar e ocultar esas situacións que tristemente todavía perviven na nosa sociedade. Esta canción estivo acompañada por frautas e por un video feito por todos o alumnado do centro.









 Despois deste emotivo momento, o alumnado de 5º de primaria leron o manifesto elaborado por eles no que refrexionaron sobre a violencia contra as mulleres na actualidade e pediron a tódolos sectores da sociedade que actúen contra a violencia de xénero. 






A directora do CIM fixo entrega de premios do XV Certame do concurso de carteis contra a violencia de xénero que organizou o noso concello. Este ano a gañadora do Certame na categoría de primaria foi a nosa alumna Xiana Dios. Noraboa!!




Para rematar o alcalde Bueu, Félix Juncal dixo unhas palabras como peche do acto. 

Que gran traballo rapaces!!! 


APADRIÑAMENTO LECTOR

Os alumnos de 2º de primaria fixeron unha lectura do conto "O libro dos porcos" acompañada dunha representación por parte de tres dos seus compañeiros para os alumnos de 3 e 4 anos.








E os alumnos de 1º fixeron unha lectura deste mesmo conto para os alumnos de 5 anos.




Grazas ao seu traballo fixéronnos valorar máis a labor das mulleres nos fogares e a importancia de que todos/as debemos colaborar xuntos.


Ademais os alumnos de 5º de primaria leron e conversaron cos alumnos de 3º de primaria sobre libros relacionados coa temática suxeridos pola biblioteca.


Grazas por intercambiar os vosos pensamentos, sentimentos, reflexións, inquedanzas...xa que a violencia de xénero tamén afecta aos nenos/as dunha maneira ou de outra. E aínda que moitas veces permanece oculta, non por iso deixa de existir. 


 EXPOSICIÓN DE CONTOS.


Aquí podedes ver a exposición de libros en galego para traballar a non violencia de xénero en colaboración coa biblioteca. 







MES DA CIENCIA EN GALEGO

Durante todo este mes estamos a traballar a importancia da ciencia na nosa vida cotiá e como grazas a ela a nosa vida diaria e moito máis doada. Así fixemos unha exposición da evolución dos obxectos que atopamos no noso fogar: ferros de roupa, vasoiras, reloxos, lámpadas, utensilios de cociña... e dalgúns que atopamos na nosa escola como os microscopios.












luns, 13 de novembro de 2017

O Magosto

O venres 10 de novembro celebramos no noso cole a gran festa do magosto. Contamos coa colaboración da ANPA para asar as castañas, os bocadillos de chourizo...e coa do Club Corredoiras que nos ensinaron uns xogos populares moi divertidos. Pasámolo moi ben como podedes ver nas fotos.
















Aquí tedes tamén o video do magosto: https://www.youtube.com/watch?v=zcrgaFIlZOA