sábado, 25 de xaneiro de 2020

ECOVISITA A NATURNOVA

Esta semana alumnado  de 3º a 6º de Primaria realizaron unha visita de "ecoheroes"participando  na actividade: "Plásticos: un nuevo enemigo" de Naturnova en Vigo.
Coñeceron a orixe, tipos, usos e problemática dos plásticos. Despois fixeron unha visita pola exposición permanente sobre o universo, xeoloxía, enerxías renovables e entraron nun simulador de submarino para coñecer, con gafas 3D, a ría de Vigo.

"I´ve got the power"

  

domingo, 19 de xaneiro de 2020

INVESTIGAMOS O CICLO DO ENTROIDO


   Pouco a pouco achégase unha das festas máis transgresoras e populares do mundo e en especial da nosa contorna galega, declarada de interese turístico  en diferentes lugares da nosa comunidade (Xinzo de Limia, Cobres, Laza, Verín, Maceda, Xeraisdo Ulla, Viana do Bolo, Manzaneda).
Este ano propoñemos desde este equipo dinamización investigar o entroido máis alá do traxe é a máscara nos diferentes lugares de Galiza e sobre todo na nosa contorna máis próxima: Bueu, Hío, Cobres, Pontevedra.... Para iso comezamos cunha pequena información dos días de celebración, para descubrir agora en que lugares se celebran e cales son as variacións dun lugar a outro. Animádevos a investigar!!!

   O Entroido tradicional é un ciclo festivo, non unha festa celebrada un día concreto, que consta de diferentes celebracións que ocupan varias semanas.Son as seguintes por orde cronolóxica, aínda que non se celebran todas en tódolos lugares. 

Domingo Fareleiro ou Borrallento. Coincide co domingo de septuaxésima. É o terceiro domingo anterior ao Domingo de Entroido. A xente saía á rúa a divertirse tirándolle fariña ou borralla aos demáis.
Domingo Oleiro. É o segundo domingo anterior ao domingo de Entroido. A xente xoga a guindarse olas de barro sen que lles caian e escachen. 

Xoves de Compadres. É o xoves seguinte ao Domingo Fareleiro. As rapazas facían un boneco vestido de home (o compadre) para queimalo e os rapaces intentaban quitarllo, montándose unha fenomenal liorta festiva, simbólica loita de sexos, entre mozos e mozas. En algúns lugares invértese a orde dos xoves de compadres e comadres, celebrándose o de comadres en primeiro lugar.

Domingo Corredoiro. É o primeiro domingo anterior ao Domingo de Entroido. Os rapaces e mozos botan auga, ovos podres, borralla, lama e mesmo formigas á xente. Corríase o galo, que consistía en que os mozos tiñan que arrincarlle a cabeza ao galo cun pau ou coas mans, ou ceibar un galo e correr atrás del ata pillalo, esta última forma adoitaba ser a celebración infantil.
Logo faise unha gran comida co mellor da matanza. 

Xoves de Comadres. É o xoves seguinte ao Domingo Corredoiro. Os rapaces fan un boneco vestido de muller (a comadre)coa idea de queimalo e as rapazas intentan quitarllo. Outra vez monumental liorta festiva entre mozas e mozos. En algúns lugares invértese a orde dos xoves de compadres e comadres, celebrándose o de comadres en primeiro lugar. 

Domingo, Luns e Martes de Entroido. Festa rachada! Son os días de disfrazarse e saír á rúa disfrazados para divertirse. Hai desfiles e bailes de disfraces. Estes días non se traballaba. O martes queimábase o Meco ou Entroido despois de lerlle un testamento cómico. Coa súa queima remata o Entroido. O martes queimábase o Meco ou Entroido despois de lerlle un testamento cómico. Coa súa queima remata o Entroido. 

Mércores de Cinza. É o primeiro día da Coresma. Acababa a festa e estaba prohibido comer carne. En algúns lugares neste día facíase o enterro da sardiña, que ten un significado semellante á queima do Entroido. 

Domingo de Piñata. É o domingo seguinte ao de Entroido. Ten un carácter netamente urbano e moderno. A piñata é un xogo traído de Italia no século XVIII, e que consiste en romper cun pau, levando os ollos tapados, unha ola que pende dunha corda, chea de confeti, auga, fariña ou incluso cun pombo vivo. 

ENTROIDO RURAL TRADICIONAL E ENTROIDO URBANO. 
    Ata aquí o calendario do Entroido rural tradicional no que predomina o espontáneo fronte ao organizado, isto último característica do Entroido urbano. Nas cidades foi perdendo o seu carácter tradicional e foise contaxiando do xeito universal de celebralo, con desfiles de carrozas e comparsas, con grandes premios, concursos, festas e bailes de disfraces en locais sociais, casinos e discotecas. Pese a todo, aínda tendo un carácter máis urbano, sigue persistindo o Entroido da rúa, tradicional, o de toda a vida, o das “peñas”, dos grupos de amigos que forman comparsas e vívese o Entroido dunha maneira activa, na que a crítica, a permisividade e a transgresión aínda seguen vixentes.

AGORA SÓ QUEDA DESCUBRIR EN QUE LUGARES E CÓMO CELEBRAMOS ESTA FESTA ,ESTADES PREPARAD@S?
 E... SEREMOS CAPACES DE ATOPAR OUTRAS MANEIRAS DE CELEBRALO?



domingo, 12 de xaneiro de 2020

SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS NA RADIO


Fantástico programa en galego dedicado os SUPERheroes e SUPERheroínas!!!!


FORMACIÓN RADIO

Os alumn@s de 3º e 4º de Primaria recibiron unha formación de radio impartida por Pablo Portabales de Radio Voz. Ensinoulles a importancia de respirar co diafragma para emitir ben a voz (facendo prácticas tratando de mover un dicionario mentres falamos), practicaron a fonación a través de trabalinguas, viron un audiovisual que lles fixo reflexionar sobre a xenerosidade e a comunicación, fixeron unha práctica de locutores nun minuto e trataron de facer un anuncio da escola en 30 segundos.
 Moitas grazas a Pablo, Loreto e Radio Voz!!!


 

FESTIVAL DE NADAL

Gran dia cheo de fantásticas actuacións feito polo alumnado e os seus mestres. Dende raps con coreografía, panxoliñas tradicionais en diferentes linguas, bandas sonoras de películas de superheroes, ..Variedad e diversidade para todo o público .
Pero non só disfrutamos do festival, tamén nos visitaron paxes que recolleron as cartas dos pequenos e celebramos todos xuntos a festa fin de ano con campás, confetti e moita música!! E como non ,desexando unhas felices festas para todos e todas!!! Vémonos o ano que vén!

   

NADAL NOS CORREDORES

Dende o equipo de dinamización da lingua e tendo en conta que somos un cole plurilingüe,  preparamos diferentes actividades para dar a coñecer  un dos personaxes maís coñecidos do nadal galego, así como dúas exposicións en colaboración coas mestras especialistas de inglés e francés. Nunha destas exposicións diferente alumnado do cole, móstranos os seus propios superheroes e heroínas de nadal, e noutra creouse unha divertida páxina de xornal referida a esta época do ano.
E como non podía ser doutra forma, tamén quixemos dar a coñecer verbas con superpoderes "para sempre usar e nunca esquecer" , estas verbas están en diferentes linguas e , por suposto en pictogramas.Seguiremos complementando e formando pequenos grandes superheroes da vida!...