xoves, 31 de xaneiro de 2019

E CHEGOU O DÍA!!

Onte, 30 de xaneiro celebramos no noso cole o día da Paz. Todo o centro participou  activamente nas actividades que desde os distintos equipos do cole se foron propoñendo. Algunhas das actividades que fixemos para celebrar este día foron:

- Coñecer a WANGARI, premio Nobel da Paz no ano 2004, sabemos da súa loita  contra a tala de árbores para edificar, así como o recoñemento e a valoración da muller en África . Escoitamos o conto "Wangari e as Árbores da Paz", relacionado co proxecto global de centro e decoramos os corredores con follas de árbores e verbas amables. No mural proposto por este equipo de dinamización tivemos un apartado importante e a invitación a seguir investigando sobre esta muller loitadora. Igualmente destacar o éxito das plantillas para os escornabots sobre Wangari e o sua historia.

    

- Subimos á radio a grabar algunhas mensaxes de Paz pensados nas aulas . Entre eles "Sementamos ledicia polos bosques de Galicia" ou tamén "Sementamos apertas coas mans abertas".


- Escoitamos música en galego sobre a Paz, a amizade... durante toda a mañán. Así coñecemos cancións de Mamá Cabra, Pablo Díaz, Paco Nogueiras, e outros...


- Torriño sementou e agasallou libros para tódolos nenos e nenas do cole


















- Este mesmo día rematouse o mural feito por voluntarios e voluntarias que durante o recreo baixaron á biblioteca despois de ver os cartaces postos polo centro. Moitas grazas !!!!





- E rematamos cunha celebración conxunta de todo o alumnado no multiusos do cole. Lemos un manifesto feito polos nenos e nenas de 6º e 4º, cantamos a canción "Apertas que voan" de Paco Nogueiras, e disfutamos dun chocolate pola Paz!!!

 






CARTAZ PARA O MURAL



xoves, 17 de xaneiro de 2019

PREPARANDO O DÍA DA PAZ


Xa estamos a preparar o día da paz na nosa escola!! A través da canción de Paco Nogueiras "Apertas que voan", un manifesto feito polos nenos e nenas de 3º e 5º, así como entrevistadores pola Paz e outras... e en galego, serán algunhas das acontecementos programados para o 30 de Xaneiro. Seguiremos informado destas e outras actividades moi moi interesantes, lúdicas e didácticas.



Resultado de imaxes para brincavai

VENRES DÍA MAKER

E seguimos xogando e aprendendo... Iniciamos unha aventura nova os venres na biblioteca. Non hai máis que achegarse por alí e disfrutar!!!



domingo, 13 de xaneiro de 2019

CLUB DE LECTURA ADULTOS

O club de lectura de adultos xa ten outro libro para ler, e en galego!  Trátase do "Lápis na noite" de Ramón Nicolás da Ed. Xerais. O encontro será o vindeiro día 22 ás 19:45 no Torrecino.

martes, 8 de xaneiro de 2019

DENDE A RADIO FALAMOS

Os nenos e nenas do noso cole continuan o proxecto "Despertar das sementes" dende Radio Faladoiro...






mércores, 2 de xaneiro de 2019

PARA ESCOITAR E DISFRUTAR

Velaeiquí un fermoso agasallo con forma redonda, chea de ditos , coplas e retrousos galegos que foron e seguen pasando de xerazón en xerazón. Interpretados con maestría e bo gusto, son un deleite para os nosos ouvidos.



O NADAL NA NOSA ESCOLA

Durante o mes de decembro, moitas foron as actividades que realizamos na nosa escola. Un traballo en equipo onde profes, alumnado, familias e conserxe participamos para que o centro estivera engalanado nestas datas. Dende a decoración dos corredores ata o festival de Nadal, pasamos por postais que decoramos nas casas, recollida e adornamento de elementos naturais, cantigas en galego nas   entradas, recreos e saídas, intercambio de postais feitas na aula como parte do proxecto "O despertar das sementes", apalpadores pupulando polo mural das "Árbores da nosa escola", exposicións  ...e outras. Velaiquí unha escolma das nosas navideñas actividades !!


   
      


     


   

 
 
  
 

CONTADORAS DE CONTOS

Rematamos o mes de decembro con contadoras maravillosas que nos engaiolaron con dous contos durante o recreo do último mércores de cole do 2018.

Irena e África de 5º de primaria contáronnos "Noche de Reyes"

 

Vera, Saray e Antía de 4º de primaria contaron "Luces de Navidad"