xoves, 28 de febreiro de 2019

ÚLTIMA CONSIGNA ENTROIDEIRA

Hoxe foi o último día de consigna! Os nenos e nenas do cole presentáronse con toquillas, saias, panos, vestidos...todo tipo de roupas que foron atopando por casa e que estaba  moi gardadiña. A consigna de hoxe era "Non veñas de peliqueiro, remexe e ven de bascalleiro".  Foi un pracer desfrutar destes días véspera do desfile e festa  que mañán inundará o noso patio. Esperamos veros a todos e todas!!!!!









NOVA ENTROIDADA

E Torriño continua a disfrazarse! Este mércores a consigna foi "Sombreiro, garavata e poesía...para  vir con alegría" e foron moitos e moitas os/as que coa súa imaxinación conseguiron levarnos ao mundo literario. Graciñas de novo pola vosa participación.














martes, 26 de febreiro de 2019

SEGUIMOS ENTROIDANDO

Hoxe a consigna era " De froitas disfrazado, da cabeza ata os zapatos", e así foi. Moitos rapaces e rapazas viñeron ao cole coas suas mellores galas "multifrutas"... Grazas!!!!!





ATA MAÑÁN...

luns, 25 de febreiro de 2019

COMEZA O ENTROIDO!!

Como xa anunciamos con anterioridade esta semana entroideira vai estar chea de cores, consignas, música... Para comezar  nada mellor que vir en pixama, bata e zapatillas, e así fixeron a maioría do noso alumnado, e Torriño tamén...






Ata mañán...


VISITA DE LEDICIA COSTAS

A semana anterior recibimos na escola unha visita moi esperada! Os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria recibiron a visita de Ledicia Costas autora dos libros  "Escarlatina,  a cociñeira defunta", e "A señorita Bubble" entre outras, e sendo esta última a que actualmente  estamos a ler no clube de lectura.

 

Ledicia tivo a ben subir á radio e ser entrevistada por nenos e  nenas de 6º. Moitas grazas! Aquí está a súa entrevista.







venres, 22 de febreiro de 2019

QUERIDA ROSALÍA


Hoxe no noso cole celebramos o Día de Rosalía. Foron varias e diferentes as actividades propostas dende o equipo de dinamización e biblioteca,  e  grazas a colaboración de toda a comunidade educativa poidemos disfrutar delas.

Nada máis chegar á escola unha inundación de verbas de Rosalía saían do altavoz do corredor. Durante a mañán nenos e nenas mostraban as súas creacións en familia co rostro de Rosalía , cheos de sementes, flores, poesía...MARAVILLOSO traballo! Así mesmo durante o recreo, voluntarios e voluntarias leron poemas en voz alta (Has de cantar, Maio Florido, Negra Sombra .... Para rematar subimos á radio para recitar e cantar "Adiós rios adiós fontes..."
Velaeiquí unha pequena escolma do vivido hoxe!











E atopamos esta maravillosa animación posta sobre a vida e obra da nosa poetisa máis importante! Grazas!

http://www.crtvg.es:8011/tvg/a-carta/as-minas-primeiras-letras-galegas-rosalia-de-castro


E no noso concello...




mércores, 20 de febreiro de 2019

ENTROIDO CHEGANDO!!

E XA TEMOS AS CONSIGNAS PREPARADAS!!


DÍA DA PAZ


O 30 de Xaneiro celebramos o día da paz na nosa escola. Disfrutade de este resumo...



VIDEO DA PAZ

BIBLIOTECA EN ACCIÓN


Velaeiquí temos unha pequena presentación das actividades que facemos desde a nosa biblioteca do cole. Clicade e disfrutade :-)

A NOSA BIBLIO

martes, 19 de febreiro de 2019

DÍA MUNDIAL DA RADIO

O día 13 de febreiro foi o Día Mundial da Radio que tivo como temática: "O diálogo, a tolerancia e a paz".
Aquí vos deixamos os programas especiais que realizamos.








Ademais participamos nun Noticieiro de boas novas creado por varios centros de Galicia.

sábado, 16 de febreiro de 2019

VISITA DE IAGO LÓPEZ

Esta semana recibimos a visita de Iago que nos maravillou co conto "O cociñeiro Martiño e as cenorias desparecidas". Foi fantástico participar con él e con tódolos compañeiros e compañeiras de infantil e 1º e 2º de Primaria. Esperamos que volva pronto !!!

 

luns, 11 de febreiro de 2019

ACHÉGASE O ENTROIDO

Xa estamos a preparar o entroido entroideiro do cole!!!! Entre máscaras e traxes, consignas de Torriño , músicas, danzas e gastronomía xa o temos ás portas. Ímonos preparando para troulear e disfrutalo a tope!! Estade ben atentos e atentas...


DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO


Aquí temos os cartaces que puxemos polos corredores do cole... moitísimas grazas a todos e todas por participar. En breve subiremos unhas fotos e a proba do noso obradoiro "Rosaliano"






FEBREIRO MES DAS EMOCIÓNS

Invitación a sentir, disfrutar, compartir e descubrir emocións e sentimentos a través dos contos.



MANIFESTO POLA PAZ

Maravilloso manifesto feito polos nenos e nenas de 4º e 6º de primaria. Aquí están as súas ideas e reflexións.


Manifesto pola Paz 2019

Hoxe é  30 de xaneiro, DÍA ESCOLAR DA NON-VIOLENCIA E DA PAZ , declarado por primeira vez no ano 1964. O obxectivo desta conmemoración é educar na tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a Paz.

Desde o CEIP TORRE CELA  cremos que os centros escolares debemos actuar como instrumentos de Paz. Cremos que a Paz non so é a ausencia de guerras senón a presenza de liberdade e igualdade.
Non podemos dicir que vivimos en paz se non se respectan os dereitos das persoas sen distinción en función da raza, crenzas, relixión ou nivel económico.
Non podemos dicir que vivimos en paz se non conseguimos que todos e todas as persoas teñan acceso á cultura e á educación.
Non podemos dicir que vivimos en paz se non coidamos a nosa contorna, contaminando e maltratando o medio ambiente.

Recordamos polo tanto, neste importante día, aos nosos compañeiros, ás familias, aos mestres e a todos os membros da comunidade educativa que a responsabilidade de impulsar unha cultura de paz e respecto está nas nosas mans.
Cada un dos que estamos hoxe aquí podemos, seguindo o modelo de Wangari Maathai, plantar as sementes da Paz e facelas medrar con accións concretas. Tratando aos demais como queremos que nos traten a nós; facendo felices a aqueles que nos rodean e intentando ser cada día mellores persoas.
Sementamos a Paz, loitando de xeito pacífico contra a discriminación e contra calquera tipo de violencia.
Está tamén nas nosas mans, facer un uso responsable dos recursos naturais e reducir a contaminación para frear a destrución do noso planeta.
Wangari ensinounos que o respecto polo medio ambiente e a paz van da man.
Traballaremos para mellorar e convenceremos ás persoas que nos rodean para que traballen como nós. Deste modo as nosas sementes espertarán creando un mundo máis xusto e equilibrado.

Invitámosvos hoxe a todos e todas, neste DÍA ESCOLAR DA NON-VIOLENCIA E DA PAZ , a cultivar e promover os valores de paz e solidariedade, a rexeitar calquera tipo de violencia ou discriminación, a coidar o planeta e a biodiversidade que o habita.
Xuntos lograrémolo e xuntos gritaremos o ‘slogan’ preferido de Wangari:

Harambee, todos a unha!

O COMPOSTEIRO DO COLE

A semana pasada recibimos a visita dunha composteira que nos explicou o seu funcionamento e utilidade . Os nenos e nenas de infantil, 1º e 2º de primaria,aprendemos unha chea de cousas, sobre todo sobre os animaliños que participan neste proceso : bicho-bola, miñoca...  e sobre aqueles materiais que podemos botar no composteiro. Agora só falta recoller os restos das merendas matutinas e ir facendo o compost para levar á nosa horta escolar :-)

  

CERTAMEN RELATO CURTO

AQUI ESTÁN AS BASES PARA PARTICIPAR NO VII CERTAMEN DE RELATO CURTO  ONDE PODEDES PARTICIPAR TODOS OS ALUMNOS E ALUMNAS DE PRIMARIA!!




martes, 5 de febreiro de 2019

RECURSOS DO ENTROIDO

http://www.coordinadoraendl.org/entroido/ant3_1.php 

Nesta páxina atoparás recursos para estas festas celebrar. Fai clic na imaxe.